Arquivos de etiquetas: Igrexa

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 II

Neste marzo pasado remataba a entrada da primeira andaina pola Ribeira Sacra do Miño expresando as gañas que tiña por facer a segunda parte do PR G-162, pois deixárame unha grande sensación pola fermosura de andaina fixemos. Pois se daquela expresaba isto, non vos podedes imaxinar a que fixemos hoxe! hai que percorrela, é das rutas que hai que facer sí ou sí, […]

Ruta por Pena Corneira

A chamada Pena Corneira é un espectacular penedo granítico con forma de corno, que semella un xigantesco menhir apuntando ao ceo. É visible dende boa parte do Ribeiro. O espazo natural de Pena Corneira está declarado monumento natural e sitúase gran parte del no concello de Leiro (e co limítrofe de Carballeda de Avia). A paisaxe […]

Ruta dos tres pazos

Organizou Manolo tan ben o roteiro por Brión en novembro pasado, que o comprometimos para que nos fixera outra andaina polas terras barcalesas e cumpriu, vaia se cumpriu! Hoxe fomos camiñar ben perto de Santiago, xa que nos desprazamos ata o concello de Negreira para percorrer a denominada por Manolo Ruta dos Tres Pazos, pois visitamos […]

Ribeira Sacra do Miño. Ruta por Belesar. PR-G 162 I

Esta ruta tiñamos pensado facela o sábado 8 de febreiro, pero por mor do tempo tan nefasto que estamos a ter neste inverno, decidiuse aprazala para este primeiro sábado de marzo. Para isto, fomos percorrer parte do sendeiro PR-G 162 en O Saviñao, concello enclavado na Ribeira Sacra, dentro da Comarca de Terra de Lemos. Trátase da ruta […]

Camiño de San Rosendo III. De Parderrubias a Ourense

Na primeira ruta de 2014 percorremos o camiño de San Rosendo entre A Merca e Ourense, e para iso tivemos que madrugar un pouquiño, pois saímos ás oito da mañá camiño de Parderrubias. A miña curmá Marisa agasalloume con este poema de Celso Emilio Ferreiro, moi acaido tanto por ser a primeira ruta do ano […]

Roteiro Fin de Ano. A Pedra Serpal

A derradeira ruta de 2013! A pesares de non termos unhas previsións meteorolóxicas que invitasen ir camiñar, coma sempre, saímos de Santiago ás nove da mañá dende a piscina universitaria, e chegamos ao mesmo lugar un pouco antes das duas da tarde, pois hai que cumprir coa familia nun día tan sinalado! Lonxitude da ruta: 7 […]

Visita ao Val Miñor dos socios do MPG

Os socios do Museo do Pobo Galego viaxamos este sábado, 16 de novembro, ata o Val Miñor para coñecer aos amigos do Instituto de Estudos Miñoranos e o seu amplo e interesante labor de difusión cultural e recuperación do patrimonio. Recibíronnos na Aula de Cultura Ponte de Rosas, onde presentamos o nº 7 de ADRA, […]

Roteiro por Brión

Este día de Santos fomos facer un roteiro polo concello de Brión, máis concretamente polas parroquias de Óns e Viceso, cuns camiños, á beira do Tambre, doados de andar e que permiten tomar distintas opcións por se optamos por un percorrido máis ou menos longo, podéndote mover ao chou, sen medo a perderse. Nós fixemos en total […]

Ruta nocturna por Fisterra

Este sábado fixemos unha engaiolante andaina nocturna en Fisterra, ao cabo da fin do mundo. Lonxitude da ruta: 11 km Desnivel: baixo-medio (tanto de subida como de baixada) Dificultade: baixa- media MIDE da ruta nocturna de Fisterra Track GPS da ruta nocturna de Fisterra (Comprimida).zip Saímos cedo, pola tarde, para aproveitar o tempo antes do […]

Ruta por Outes. Ascenso ao Monte Tremuzo

Na marxe norte da ría de Noia e Muros, no concello de Outes, unha ruta para achegarse ao miradoiro do monte Tremuzo. Lonxitude da ruta: 15 km  aprox. Desnivel: medio (tanto de subida coma de baixada) Dificultade: media Track GPS Serra de Outes Tremuzo (Comprimido).zip Se algo caracteriza esta ruta é a variedade de paisaxes: ría, […]

Ruta Especial polo Salnés

Lonxitude da ruta: 7 km Desnivel: non ten Dificultade: moi baixa Este día foi un tanto especial xa que é a última ruta dunha xornada que facemos neste curso, polo que ademais de camiñar fixemos outras cousas moi interesantes. Empezamos o día facendo unha parada en Cambados para tomar o café e tivemos un pouquiño […]

Camiño de San Rosendo II. De Celanova a Bande

Este sábado desprazámonos de novo ata a Baixa Limia, e fomos percorrer a segunda parte do Camiño de San Rosendo que iniciáramos no mes de febreiro. Nesta ocasión fixemos o tramo á inversa, de Celanova ata Bande, pois tiñamos visita concertada ao Mosteiro de Celanova pola mañá. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track […]

Semana Santa en Sanabria. Ruta da Laguna de Los Peces e val do río Tera

Lonxitude: 16 km Dificultade: Media Desnivel: Medio Esta ruta circular comeza nun dos lugares máis coñecidos de Sanabria: a Laguna de los Peces, xa a 1.700 m de altitude. A paisaxe é totalmente de montaña, non hai árbores e predominan as zonas de pasto de altura. As vistas son espectaculares. O camiño, que empeza subindo […]

Ruta por Agolada

Desta vez fomos ata o concello de Agolada, e tivemos unha xornada un tanto atípica, pois comezamos o día coñecendo parte da riqueza cultural deste concello e fixemos unha vista á pequena igrexa da parroquia de Ventosa, que garda unha marabillosa colección de escultura medieval única. Logo, xa en Agolada, coñecemos outro elemento do noso patrimonio cultural de […]

Camiño de San Rosendo I

Este sábado desprazámonos ata a Baixa Limia, e fomos percorrer parte do Camiño de San Rosendo, que forma parte dos Camiños Naturais habilitados polo Ministerio de Medio Ambiente. Nesta ocasión fixemos o tramo de Santa Comba ata Bande. A ruta leva o nome de San Rosendo polo Santo que se coñece como o defensor e pacificador de […]

Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense I

Esta ruta estaba prevista que fora a primeira do ano, pero houbo que aprazala pola cicloxénexe explosiva anunciada para o 19 de xaneiro e hoxe, por fin, pudemos realizala. Forma parte do sendeiro homologado PR-G157, Doade-Augasmestas. Lonxitude da ruta: 14 km Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta de Doade Vilar de Mouros (Comprimida).zip […]