Arquivos de etiquetas: Geira Romana e dos Arrieiros

Geira Romana e dos Arrieiros. De Cachafeiro á Consolación

O camiño Vreeiro era unha ruta medieval utilizada para levar o viño do Ribeiro a Compostela, pero na súa orixe está ademais unha das rutas de peregrinación máis frecuentada polos camiñantes que do norte de Portugal se dirixían tamén á cidade do Apóstolo. Por Terra de Montes e Tabeirós deixa unha interesante pegada do enorme […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Beariz a Cachafeiro

Hoxe imos ter un día para camiñar perfecto! Nada que ver co que nos tocou na etapa anterior de chuvia frío e auganeve. Estamos de novo en Beariz para iniciar a décima etapa desta Geira Romana e dos Arrieiros. Hai que lembrar que imos por camiños transitables aínda que sen ningún tipo de sinal de […]

Geira Romana e dos Arrieiros. Dende O Igresario a Beariz

Pouco a pouco imos queimando etapas deste fermoso camiño a Santiago que estamos a percorrer. Na xornada anterior fomos deixando atrás a comarca do Ribeiro para entrar na do Carballiño, pois tanto concello de Boborás (2510 persoas en 2015), como o de Beariz pertencen a ela. Estamos no NW da provincia de Ourense, e deixamos as fragas e as […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Beade a Distriz

Por fin este sábado puidemos retomar o noso Bono-ruta da Geira Romana e dos Arrieiros. Xa levabamos un tempo no que non conseguiamos reunirnos para realizar a nosa tan desexada marcha de sendeirismo, e parecía que todos os Deuses se aliaran para que nos quedásemos sen saír a camiñar, xa fose porque había algunha outra […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Cortegada a Beade

Había tempo que tiñamos aparcada a continuación desta ruta que iniciamos no outono pasado saindo de Braga pola geira romana enlazando co camiño miñoto e o camiño dos arrieiros, e que nos está a deparar grandes momentos. O motivo fundamental é o tempo que estamos a ter, e hoxe parece que fomos un pouco arriscados […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Monterredondo a Cortegada

Deixamos de camiñar por terras de Portugal, que nos agasallou con xornadas de moi bos momentos, e continuamos por terras galegas este Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro, un dos camiños máis antigos que ían cara a Santiago de Compostela. Peregrinos e comerciantes servíanse del, tal e como se resalta en abundantes documentos históricos. A ruta aglutina […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Ameijoeira a Monterredondo

Seguimos facendo etapas deste camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro-Breeiro, que deixáramos na ponte do Pilar do mes de outubro cun tempo espléndido por estas paraxes do Parque Natural Peneda Gerês, e que retomamos nesta quinta etapa do camiño de Braga a Compostela cun día non tan espléndido por mor da chuvia e da néboa, pero que están […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Lobios a Ameijoeira

A última xornada destes catro días por este camiño a Santiago non vai desmerecer das anteriores. Estamos camiñando polo Parque Natural Baixa Limia-Xurés, o de maior extensión dos seis parques naturais galegos que, xunto co veciño Parque Nacional Peneda-Gerês conforma o núcleo da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Un dos seus principais atractivos é a súa gran variedade de […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Campo de Gerês a Lobios

A terceira etapa percorrendo o camiño xacobeo (que non está recoñecido como oficial), é a última que discorre por esta Geira, a antiga calzada romana Vía Nova, ou Vía XVIII, que aínda mantén por estas paraxes un dos seus treitos máis ben preservados. Pasa por un dos entornos máis fermosos do Parque Nacional Peneda-Gerês, pois a primeira […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Caldelas a Campo de Gerês

Logo da etapa inicial, case urbana, deste camiño a Santiago, hoxe acometemos unha máis longa e dura, que percorremos fundamentalmente pola Geira ou Vía Nova, a vía romana mellor preservada en Portugal, que conta con máis de 230 miliarios ao longo do seu percorrido ata Astorga. Powered by Wikiloc Se onte a vía ascendía por relanzos […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Braga a Caldelas

Coincidindo coa ponte do Pilar, un grupo de amigos desprazámonos ata Braga para comezar a percorrer, durante catro días, un camiño xacobeo que non está recoñecido como oficial, o camiño Jacobeu Minhoto Ribeiro Breeiro, e que durante o periplo portugués vai pola antiga calzada romana Vía Nova, mencionada no itinerario de Antonino como Vía XVIII, que […]