Arquivos de etiquetas: Fervenza

De Negreira a Santa Mariña. Camiño de Fisterra

Datos técnicos O longo percorrido desta segunda etapa, dende a conca do río Tambre á do Xallas en Olveiroa decidimos facela só ata Santa Mariña, xa no concello de Mazaricos, e dedicar a tarde a coñecer a fermosa Fervenza de Chacín, polo que deixamos de camiñar a última parte do percorrido, de Santa Mariña a Olveiroa. […]

Ruta da Brañina

A ruta comeza en Rabanal de Abajo, a 3,5 km de Villablino, polo que se pode facer perfectamente dende esta vila. É unha ruta esixente, con forte desnivel, tanto de subida como de baixada. Transcorre entre unha das zonas boscosas máis interesantes da bisbarra debido á extensión da mesma e o seu estado de conservación. Ten […]

Ruta da Corga do Fecha, Cabaniña do Curro e a Vía Nova

Esta fin de semana fomos camiñar polo parque natural da Baixa Limia e Serra do Xurés. Estivemos aloxados en Lobios, no hotel Lusitano, en réxime de media pensión e moi ben atendidos, polo qque é un establecemento moi recomendable para achegarnos ata o parque natural. Creo que calquera vila da Galicia, sobre todo do interior, sentiríase […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 III

Hoxe é unha xornada moi especial para este grupo, pois o Suso celebra as 150 camiñadas coa USC! Resulta que o home andaba preocupado pois cría que non ía chegar a esta cifra xa que, entre os problemas das rodillas e os arrefriados invernais que impediron que se apuntase ás andainas, non lle chegaba o […]

Ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño

Aproveitando a celebración de San Tomé de Aquino na Universidade, algún incondicional do sendeirismo como Xerardo, Suso, Manolo ou eu, e algún máis como Jaime, Manolo e Alejandro, desprazámonos ata Cans, en Ponteareas e fixemos a ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño que o Xerardo tiña gañas de facer dende hai tempo, unha combinada, […]

Courel. Ruta da Devesa da Rogueira

Xa vai alá un ano dende que estiven na Devesa da Rogueira, á que accedéramos daquela desde o Alto do Couto. Desta vez variamos e fixémolo desde Moreda.  Lonxitude da ruta: 10  km aprox. Desnivel: medio (tanto de subida coma de baixada) Dificultade: media-alta MIDE A Devesa da Rogueira Track GPS Devesa da Rogueira (Comprimido).zip Erguémonos cedo, pois […]

Ruta dos ríos de Vilacoba e San Xusto

O Sendeiro dos ríos Vilacoba e San Xusto, é unha ruta circular no concello de Lousame de 24 km de lonxitude, que fixemos nunhas seis horas. A ruta está ben sinalizada, anque tamén hei de dicir que en determinados puntos faltaba algunha que outra marca nalgún cruce, sobre todo cando pasamos por núcleos de poboación, pero nada que Xerardo non superase coa […]

Ruta polos socalcos de Belesar

O percorrido que fixemos está inspirado nun itinerario do usuario jesussimon, que ten colgado da web de Wikiloc. Por se alguén non o sabe, neste sitio web compártense as rutas de diferentes camiñantes e sendeiristas, ciclistas… de todo o mundo, con descricións, mapas, fotos, comentarios… sen dúbida un bó recurso para todos nós. Lonxitude da […]

O Pindo

O Pindo, grande testa xupiterina, remate dunha terra oután, forma que orea as do grande seo Ramón Otero Pedrayo Visitamos novamente un dos lugares máis máxicos do noso país, o Monte Pindo, pero fixemos unha ruta distinta ás anteriores ocasións, pois comezamos a camiñar preto do lugar de Vadebois, no concello de Carnota, co obxectivo […]

Polas parroquias de Boqueixón

Para finalizar a tempada de Roteiros fixemos esta ruta que transcorre por zonas rurais do veciño concello de Boqueixón, onde se ergue un dos montes máis míticos e recoñecidos de Galicia, o Pico Sacro, pero desta vez fomos camiñar polas parroquias de Vigo e Lamas, ao norte do concello. Reunímonos fronte á igrexa Parroquial de Santa […]

Observando e gozando da famosa fervenza do Ézaro

De Olveiroa a Ézaro

19 quilómetros de lonxitude. Este é o treito da ruta de sendeirismo a discorrer nunha fermosa zona do país, entre Olveiroa e Ézaro, en terras do Xallas. Lonxitude da ruta: 19  km aprox. Desnivel: medio (sobre todo de baixada) Dificultade: media (en xeral os camiños son bós) Track Olveiroa a Ézaro (Compromido).zip A ruta comeza en Olveiroa, parroquia […]

Ruta dos Tres Ríos (Touro)

Logo dun pequeno retraso, pois estaba sen avisar o autobús, partimos sobre as dez de Santiago camiño de Touro, pero repuxémonos convenientemente cun café, con pastel, no Café-Bar-Panadería A Peneira. Comenzamos a camiñar xusto en Fonte Díaz (Touro), ata chegármos á área recreativa da ponte de Santaia, que é onde comeza realmente a Ruta dos Tres […]

Castelo de Pambre e Torrentes do Mácara

Percorrido polas terras altas do Ulla e Castelo de Pambre Sábado, 11.06.2011. Lonxitude da ruta: 12/13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (algún tramo rochoso e esvaradizo no río) Track Pambre (comprimido).zip Este percorrido pola Ulloa iniciámolo no mesmo Castelo de Pambre, o cal visitamos pois estaba recente a súa apertura ao público por parte […]

Muíños do Folón e do Picón

Ruta polos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal) Sábado, 26/02/2011 Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track Folón Comprimido.zip Comezamos a camiñar na Ponte das Penas aproveitando o sendeiro sinalizado dos Muíños do Folón, durante un bo treito fomos vendo unha enorme cantidade de muíños restaurados, practicamente ata chegar […]