Arquivos de etiquetas: Faro

Costa de Ferrol. De Covas a Valdoviño

Datos técnicos da ruta Lonxitude: 19 km Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño (Comprimido) Mapa da ruta de Prior a Valdoviño MIDE Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño. Santa Combiña Bendita ten un navío no mar; quen cho dou, […]

De Laxe a Camelle. Camiño dos Faros

Continuamos a nosa particular andaina polo Camiño dos Faros. Pode que esta etapa sexa unha das de maior beleza de todo o itinerario, pois ten un alto interese natural e, aínda que vai todo o tempo pola costa, ten unha enorme variedade de paisaxes, o que incrementa o seu interese. Comeza o percorrido en Laxe, […]

Costa de Dexo

O Monumento Natural da costa de Dexo-Serantes, no Concello de Oleiros, foi declarado o 31 de marzo de 2001 como recoñecemento a un conxunto de valores ambientais que, igualmente, levaron a este espazo a ser incluído na listaxe galega de Lugares de Importancia Comunitaria (Rede Natura 2000). Ademais forma parte da Zona Núcleo da Reserva […]

Xeira do MPG a Sálvora e Artes

O sábado 10 de setembro, os socios e socias do Museo do Pobo Galego fixemos unha excursión á ría de Arousa para visitar, primeiro, a illa de Sálvora onde realizamos as dúas rutas guiadas autorizadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas e, posteriormente, o museo do gravado situado en Outeiro-Artes. Partindo de Aguiño, os viaxantes fomos […]

De Niñóns ao Roncudo. Camiño dos Faros

Para facer este itinerario seguimos parte da segunda etapa do Camiño dos Faros, unha senda de 203,50 quilómetros que enlaza os faros da Costa da Morte, de Malpica a Fisterra. Saimos dende a  praia de Niñóns, indo practicamente todo o rato pegados á costa, por zonas de cantís e rematamos no Roncudo. Un percorrido que ten un […]

Ruta a Estaca de Bares

A Estaca de Bares é un dos espazos xeográficos máis interesantes da costa galega. É o punto máis setentrional de toda a península Ibérica e tamén é un dos mellores lugares de observación de aves de toda Europa. Lonxitude da ruta: 11  km aprox. Desnivel: media-baixa Dificultade: medio-baixo A ruta comezámola na estrada que vai do […]

Andaina de Lires a Fisterra

Este luns, aproveitando a celebración de San Tomé de Aquino na Universidade, fomos dar un paseo duns 18 km unha panda ben levada que comezamos en Lires, rematándoa cun xantar en Fisterra. Pola tarde, aínda lle metemos uns cinco km máis subindo ao Facho para visitar San Guillerme e ver novamente os restos da ermida e subir ata as Pedras […]

De Malpica a Niñóns. Camiño dos Faros

Para facer este itinerario seguimos a primeira etapa do Camiño dos Faros, unha senda de 203,50 quilómetros que enlaza os faros da Costa da Morte, de Malpica a Fisterra. A ruta parte de Malpica e vai ata a praia de Niñóns practicamente todo o rato pegada á costa, por zonas de cantís. O percorrido ten un altísimo […]

De Tapia de Casariego a Ribadeo

Continuamos este día percorrendo a rasa litoral bordeando o mar ata chegar á ría de Ribadeo. Comezamos no mesmo núcleo urbano de Tapia (que leva engadido o nome de Casariego dende 1916 na honra do primeiro Marqués de Casariego que, ademáis de benefactor, deulle entidade municipal), e o itinerario vai pola fermosa liña costeira en dirección Oeste, cara a Ribadeo, […]

Ruta por Ortegal

A ruta, que é circular, comeza e remata na vila de Cariño. Lévanos por unha senda litoral ata o impresionante cabo Ortegal, pasando por San Xiao do Trebo, ermida asentada sobre unha antiga vila romana e que goza dunhas panorámicas estupendas. Lonxitude da ruta: 13 km Desnivel: medio (de baixada e de subida) Dificultade: media MIDE da […]

Ruta nocturna por Fisterra

Este sábado fixemos unha engaiolante andaina nocturna en Fisterra, ao cabo da fin do mundo. Lonxitude da ruta: 11 km Desnivel: baixo-medio (tanto de subida como de baixada) Dificultade: baixa- media MIDE da ruta nocturna de Fisterra Saímos cedo, pola tarde, para aproveitar o tempo antes do solpor. Xa en Fisterra partimos do porto en […]

Miradoiros de Lobeira e Faro das Lúas

Hoxe realizamos esta ruta prevista inicialmente para despedir o ano o 31 de decembro pasado, que por circunstancias climatolóxicas non pudemos facer. O Faro das Lúas e o Monte Lobeira son uns estupendos miradoiros sobre a Ría de Arousa e toda a bisbarra. O itinerario que fixemos correspóndese en gran medida co PR-G126. Lonxitude da […]

De Ribadeo á praia das Catedrais

Desta vez desprazámonos ata a Mariña Oriental, ao concello de Ribadeo para facer a Ruta que vai de Ribadeo á Praia de Augasantas (praia das Catedrais), todo pola costa. A intención é facer nesta tempada a costa de Lugo e ter case completada toda a costa galega. Lonxitude da ruta: 22  km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: media (os camiños […]

Do Faro de Corrubedo ao Castro de Baroña

  O faro de Corrubedo co seu ollo largasío, ai amor, púxome medo. Triadas no mar e na noite Bouza-Brey, Fermín, 1980, Obra literaria completa, Santiago: Edicións do Cerne   Que gañas tiña que comezaran as rutas de sendeirismo da USC!. E pola cantidade de fotos que saquei creo que incluso tiña más mono do que […]