Arquivos de etiquetas: Espazo etnográfico

Ruta da Broa

Viaxamos nesta ocasión ao concello ourensán da Merca para realizar un fermoso percorrido circular coñecido como Ruta da Broa (denomínase “A Broa” ao territorio conformado polas parroquias de Corvillón, Entrambosríos, Olás e Zarracós, todas elas pertencentes ao concello da Merca e situadas na marxe esquerda do río Arnoia). Lonxitude: 14 km Desnivel: medio Dificultade: media Aproveitando […]

Ruta do bosque de Brañarronda

Imos de fin de semana en Villablino! Sempre digo que estou desexando facer estas escapadas, e é certo, pois desfrútoas coma un anano, mágoa que sexan tan poucas… Estivemos aloxados no estupendo Albergue Turístico Superior Francisco Giner de los Ríos, en réxime de media pensión, en cuartos dobres. O sábado comezamos a ruta antes de instalarnos […]

Xeira do MPG: Por terras de Covelo

As socias e socios do Museo do Pobo Galego fixemos unha nova xeira este outono e fomos ata terras de Covelo, na comarca da Paradanta, cun programa ben apretado e suxerente. Covelo atópase no extremo meridional da extensa cadea montañosa coñecida como a Dorsal Galega. Estamos pois nunha área de media montaña, a Serra do Suído, que durante séculos […]

De Razo a Malpica

Despois de dous meses de inactividade, só no blog, pois durante o verán fixen algunha que outra andaina por Dumbría, Porto do Son, Santiago… con grandes amigos como Suso, Manuel Vilar, Antonio ou Jaime, retomo as crónicas das rutas deste curso 2014/2015. Xa realizamos este percorrido en novembro do 2007, e aínda me lembro ben porque […]

Ruta por Pena Corneira

A chamada Pena Corneira é un espectacular penedo granítico con forma de corno, que semella un xigantesco menhir apuntando ao ceo. É visible dende boa parte do Ribeiro. O espazo natural de Pena Corneira está declarado monumento natural e sitúase gran parte del no concello de Leiro (e co limítrofe de Carballeda de Avia). A paisaxe […]

Camiño de San Rosendo III. De Parderrubias a Ourense

Na primeira ruta de 2014 percorremos o camiño de San Rosendo entre A Merca e Ourense, e para iso tivemos que madrugar un pouquiño, pois saímos ás oito da mañá camiño de Parderrubias. A miña curmá Marisa agasalloume con este poema de Celso Emilio Ferreiro, moi acaido tanto por ser a primeira ruta do ano […]

Courel. Ruta de Valdomir a Vilamor

Fin de semana no Courel! Desprazámonos a unha das xoias do noso patrimonio natural: A Serra do Courel. Terra do Courel, aspra e forte, de inxente beleza… Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas… Á lus do candil, 1953. Anxel Fole. Aloxámonos no albergue de Folgoso do Courel, que dispón de habitacións para […]

Muíños do Folón e do Picón

Ruta polos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal) Sábado, 26/02/2011 Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track Folón Comprimido.zip Comezamos a camiñar na Ponte das Penas aproveitando o sendeiro sinalizado dos Muíños do Folón, durante un bo treito fomos vendo unha enorme cantidade de muíños restaurados, practicamente ata chegar […]