Arquivos de etiquetas: Castro

Ribeira de Ladrões

Houbo tempo pola mañá para visitar Vinhais, pois o Suso e mais eu erguémonos cedo e fomos dar unha volta pola vila, aproveitando para facer unhas fotos tranquilamente antes do almorzo. Percorremos o seu castelo, un conxunto arquitectónico de planta irregular onde, no seu interior, a fisonomía urbana desenvóvese de forma desordenada, que se estructura ao […]

Ruta do Contrabando

No pasado abril fixemos unha fermosa ruta no concello de Nogueira de Ramuín, a de Maquino Largaño, dende Luintra ata o Mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil, e quedara marabillado con ela. A  Ribeira Sacra representa un dos lugares máxicos de Galicia. Da igual que percorramos a conca do Miño ou a do Sil, […]

De Cabana de Bergantiños a Laxe. Camiño dos Faros

Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire no alto da costa de Uces de montesía canle; pasado Vilaseco, indo pola Gandra adiante, xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate. —Eduardo Pondal (1885) Pouco a pouco imos completando pola nosa conta etapas do Camiño dos Faros. En decembro pasado quedáramos en Cabana e tocaba agora írmonos […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 III

Hoxe é unha xornada moi especial para este grupo, pois o Suso celebra as 150 camiñadas coa USC! Resulta que o home andaba preocupado pois cría que non ía chegar a esta cifra xa que, entre os problemas das rodillas e os arrefriados invernais que impediron que se apuntase ás andainas, non lle chegaba o […]

Ruta polo Río Barbantiño

“Quedan as pedras e as areas e os restos dos seus cacharros e os seus torques e as súas axorcas, as súas espadas, as súas pedras puídas e talladas; quedan mil cousas que foron súas, pero eles fóronse e ninguén sabe do seu ser de homes, da súa intimidade humana”.  Luís Manteiga, década dos 30 […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 II

Neste marzo pasado remataba a entrada da primeira andaina pola Ribeira Sacra do Miño expresando as gañas que tiña por facer a segunda parte do PR G-162, pois deixárame unha grande sensación pola fermosura de andaina fixemos. Pois se daquela expresaba isto, non vos podedes imaxinar a que fixemos hoxe! hai que percorrela, é das rutas que hai que facer sí ou sí, […]

De Viavélez a Tapia de Casariego

O ano pasado fixemos dúas rutas na zona de Navia e unha delas rematámola en Viavélez. Nesta ocasión voltamos para continuar percorrendo a costa asturiana cara o oeste, dende Viavélez ata Ribadeo, ocasión de volver e continuar a facer esta impresionante senda costeira. Haberá que seguir percorrendo esta costa cara o leste desde Navia! Lonxitude da ruta: […]

Courel. Ruta de Valdomir a Vilamor

Fin de semana no Courel! Desprazámonos a unha das xoias do noso patrimonio natural: A Serra do Courel. Terra do Courel, aspra e forte, de inxente beleza… Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas… Á lus do candil, 1953. Anxel Fole. Aloxámonos no albergue de Folgoso do Courel, que dispón de habitacións para […]

Visita ao Val Miñor dos socios do MPG

Os socios do Museo do Pobo Galego viaxamos este sábado, 16 de novembro, ata o Val Miñor para coñecer aos amigos do Instituto de Estudos Miñoranos e o seu amplo e interesante labor de difusión cultural e recuperación do patrimonio. Recibíronnos na Aula de Cultura Ponte de Rosas, onde presentamos o nº 7 de ADRA, […]

Ruta da Costa Naviega

Nesta última fin de semana de xuño fomos percorrer parte da fermosa costa occidental asturiana, e para iso desprazámonos ata Navia. Estivemos aloxados en réxime de media pensión no hotel Palacio Arias, en cuartos dobres. Lonxitude da ruta: 14 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: baixa-media Antes de instalarnos no hotel e de comezar a ruta […]

Ruta da Fraga do Barragán

A senda da Fraga de Barragán é un auténtico tesouro natural no interior de Pontevedra. O percorrido que fixemos é un sendeiro sinalizado e homologado, o PR-G164. A paisaxe é moi variada con zonas de monte, río, aldeas, aínda que predomina a zona de fraga. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media […]

Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense I

Esta ruta estaba prevista que fora a primeira do ano, pero houbo que aprazala pola cicloxénexe explosiva anunciada para o 19 de xaneiro e hoxe, por fin, pudemos realizala. Forma parte do sendeiro homologado PR-G157, Doade-Augasmestas. Lonxitude da ruta: 14 km Desnivel: medio Dificultade: media Qué comezo de ano estamos a ter! Se a semana […]

De Ribadeo á praia das Catedrais

Desta vez desprazámonos ata a Mariña Oriental, ao concello de Ribadeo para facer a Ruta que vai de Ribadeo á Praia de Augasantas (praia das Catedrais), todo pola costa. A intención é facer nesta tempada a costa de Lugo e ter case completada toda a costa galega. Lonxitude da ruta: 22  km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: media (os camiños […]

Do Faro de Corrubedo ao Castro de Baroña

  O faro de Corrubedo co seu ollo largasío, ai amor, púxome medo. Triadas no mar e na noite Bouza-Brey, Fermín, 1980, Obra literaria completa, Santiago: Edicións do Cerne   Que gañas tiña que comezaran as rutas de sendeirismo da USC!. E pola cantidade de fotos que saquei creo que incluso tiña más mono do que […]

De Noia a Porto do Son (pola costa)

Comezamos esta ruta na praia de Testal, nas proximidades de Taramancos, no concello de Noia, e lévanos ata Porto do Son, todo pola costa, cruzando diferentes e numerosas praias. Lonxitude da ruta: 17  km aprox. Desnivel: moi baixo Dificultade: media Como final de tempada fomos disfrutar dunha ruta que conta con numerosos puntos de interese natural […]

Polas parroquias de Boqueixón

Para finalizar a tempada de Roteiros fixemos esta ruta que transcorre por zonas rurais do veciño concello de Boqueixón, onde se ergue un dos montes máis míticos e recoñecidos de Galicia, o Pico Sacro, pero desta vez fomos camiñar polas parroquias de Vigo e Lamas, ao norte do concello. Reunímonos fronte á igrexa Parroquial de Santa […]

Ponte de Barxa de Lor, paso do Camiño de inverno cara a Compostela.

Sendeirismo na Pobra do Brollón

Fermosísimo percorrido por este concello do sur de Lugo, situado no límite xeográfico da serra do Caurel. Lonxitude : 20 Km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Este sábado fómonos ata a Terra de Lemos, e máis concretamente á Pobra do Brollón, un concello cunha superfice de 174 Km², pertencente ao partido xudicial de Monforte. Debía […]