Arquivos de etiquetas: Castelo

Costa de Dexo

O Monumento Natural da costa de Dexo-Serantes, no Concello de Oleiros, foi declarado o 31 de marzo de 2001 como recoñecemento a un conxunto de valores ambientais que, igualmente, levaron a este espazo a ser incluído na listaxe galega de Lugares de Importancia Comunitaria (Rede Natura 2000). Ademais forma parte da Zona Núcleo da Reserva […]

Penedos de Pasarela e Traba

Este sábado gozamos dun lugar insólito. Aínda que pareza incrible, en toda a Costa da Morte tan só os Penedos de Traba e Pasarela están acubillados baixo a figura de “Paisaxe Protexida” dende 2009; unha cualificación que permite o coidado e rexeneración do espazo, e todo grazas á forza popular que conqueriu que unha empresa de extracción […]

De Compostela ás Torres de Altamira

Quedamos o Antón, Jaime e mais eu ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, quilómetro 0 do camiño a Fisterra e Muxía, pois a nosa idea era pasar a mañá, a ser posible polo monte, cara ás Torres de Altamira e alí parada para o bocadillo e despois buscar unha baixada polo monte cara a Bertamiráns, onde Jaime deixara o coche o día anterior, e volta para casa […]

Camiño de San Rosendo IV. De Celanova a Parderrubias

Con este percorrido completamos o camiño entre Santa Comba de Bande e a cidade de Ourense, que comezamos en febreiro do ano pasado. Antes de comezar a xornada, non me resistín ir visitar de novo o impresionante claustro de San Salvador, o que aproveito para comentaros un acontecemento que me lembrou a andarina Carmen, pois […]

Ruta polos Montes da Ruña. Devesa de Anllares

Os montes da Ruña érguense por riba dos 600 m, e son un miradoiro fantástico sobre a comarca do Xallas. Pasamos tamén pola fermosa devesa de Anllares, que é o bosque atlántico máis occidental de Europa. Lonxitude da ruta: 15 km Desnivel: medio (principalmente de subida) Dificultade: media MIDE da ruta dos montes da Ruña A ruta comeza en Olveiroa, no concello […]

Ruta nocturna por Fisterra

Este sábado fixemos unha engaiolante andaina nocturna en Fisterra, ao cabo da fin do mundo. Lonxitude da ruta: 11 km Desnivel: baixo-medio (tanto de subida como de baixada) Dificultade: baixa- media MIDE da ruta nocturna de Fisterra Track GPS da ruta nocturna de Fisterra (Comprimida).zip Saímos cedo, pola tarde, para aproveitar o tempo antes do […]

Ruta do monte Xalo

A primeira saída de outubro ofrece unha ruta ao emblemático Petón do Xalo. Sen ser un espazo natural protexido nin ter uns valores especiais, trátase dun monte no que predomina a repoboación de piñeiros, surcados por multitude de pistas que che permiten facer diferentes percorridos, cun encanto especial. Lonxitude da ruta: 14 km Desnivel: medio (tanto […]

Ruta de Cornatel e Ferradillo

O domingo 25 desprazámonos dende as Médulas ata o cercano castelo de Cornatel, e alí comezamos unha fermosa ruta que nos levou ata Ferradillo, no termo municipal de Priaranza del Bierzo. Lonxitude da ruta: 13  km aprox. Desnivel: medio-baixo Dificultade: media-baixa Track GPS Cornatel e Ferradillo (Comprimido).zip Na época da repoboación, a zona das Médulas adquire novamente certa importancia. As […]

Ruta pola Lagoa de Antela e os Montes de Cerredelo

Como xa comentei no roteiro de onte, estamos na Limia Alta, ao sur da provincia de Ourense, onde había ata finais dos anos 50 a máis extensa lagoa de auga doce (42 km²) da Península Ibérica, a Lagoa de Antela, a 611 m sobre o nivel do mar. Coñecida tamén como Lago Beón, en referencia ao xunco […]

Ruta do Castelo da Pena e o Mosteiro do Bon Xesús

Fin de semana en Xinzo de Limia! Unha fin de semana para andar polas terras de A Limia e facer dúas interesantes rutas de sendeirismo nas que disfrutamos tanto de elementos naturais como culturais. Como me gustan estas escapadas de fin de semana! “A Limia é unha terra que ten leenda, tanta leenda que hastra din qu’hai elí […]

Paseo polo río Ulla (Catoira)

Remata o ano 2011 e que mellor xeito de despedilo que facendo unha estupenda ruta de sendeirismo? Para darlle unha agarimosa despedida ao ano que acaba, esta mañá fixemos unha camiñada por terras de Catoira, na desembocadura do río Ulla, cerna dun espazo de excepcional interese ambiental, etnográfico e histórico. Un percorrido para saudar a […]

Ruta por Fisterra

  Carballo verde, loureiro, carballo verde, loureiro: na terra donde me encontro é a parroquia de Sardiñeiro! Sábado, 12/11/2011 Lonxitude da ruta:  21,5 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (a dificultade ven dada pola lonxitude da ruta e o desnivel) Track GPS Fisterra (Comprimido).zip A ruta comezou en Sardiñeiro, terra natal de Suso, onde ao baixar do […]

Castelo de Pambre e Torrentes do Mácara

Percorrido polas terras altas do Ulla e Castelo de Pambre Sábado, 11.06.2011. Lonxitude da ruta: 12/13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (algún tramo rochoso e esvaradizo no río) Track Pambre (comprimido).zip Este percorrido pola Ulloa iniciámolo no mesmo Castelo de Pambre, o cal visitamos pois estaba recente a súa apertura ao público por parte […]

Excursión MPG: Traba, Camelle, Batáns do Mosquetín, Torres de Allo

Xeira de socias e socios do Museo do Pobo Galego á Costa da Morte o sábado 12/03/2011.   Camelle non é Camelle que é un porto de mar: onde navega o meu amante, onde o vin navegar Primeiramente, visitamos a igrexa parroquial de Santiago de Traba, no corazón do val de Traba e onde se celebra unha […]