Arquivos de etiquetas: Capela

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Cabo Vilán a Ponte do Porto. Camiño dos Faros

Continuamos a percorrer o Camiño dos Faros onde rematamos a última andaina, no cabo Vilán. O primeiro teramo do percorrido vai pegado á costa, por zonas de cantís, ata chegar á capela da Virxe do Monte, onde podemos gozar dunhas estupendas panorámicas. Dende aquí continuamos ata a localidade de Camariñas; máis adiante, xa na parroquia de […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Dumbría a Muxía. Camiño de Fisterra

Nova etapa do Camiño de Fisterra, na que imos ver o mar por primeira vez desde que comezáramos a camiñar dende Santiago. Así que hoxe nos agrupamos en Dumbría coa intención de chegar ata Muxía. O principal motivo polo que optamos en Hospital de vir cara a Muxía e non a Fisterra é precisamente pola etapa […]

Costa de Ferrol. De Covas a Valdoviño

Datos técnicos da ruta Lonxitude: 19 km Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño (Comprimido) Mapa da ruta de Prior a Valdoviño MIDE Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño. Santa Combiña Bendita ten un navío no mar; quen cho dou, […]

Sendeiro de Pelamios. PR-G 194

Datos técnicos da ruta Mapa do Sendeiro de Pelamios. MIDE da ruta do Sendeiro de Pelamios. Track GPS da ruta do Sendeiro de Pelamios. Track GPS da ruta do Sendeiro de Pelamios (Comprimido). Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio-baixo Dificultade: media A ruta non ten maiores dificultades salvo un pequeno tramo do río, […]

Ruta do río Bardoso

Tiñamos programada esta ruta para o venres 27, pero por diversas causas houbo que adiantala a hoxe. A idea é chegar a Cumiáns, parroquia de Montemaior, no concello da Laracha, e achegarnos ata a casa familiar dos avós paternos de Belén onde nos agardan os seus curmáns Chucho e María José, que nos teñen preparado un programa […]

De Santiago a Negreira. Camiño de Fisterra

Quedamos ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, K0 do Camiño de frechas a Fisterra e Muxía (anque para min este camiño comeza na mesma praza do Obradoiro), pois a idea é facer a primeira etapa que remata en Negreira. A maioría xa fixo este percorrido en anteriores ocasións, polo que desta vez imos […]

Ribeira Sacra. Os Peares

Que gañas tiña de volver facer unha andaina! Despois da “sequía” provocada polas alertas amarelas, laranxas… do mes pasado que, por outra banda, insisto que hai que respectar sobre todo con alertas de neve pois non hai que esquecer que a Natureza manda e pódenos poñer nun apuro ben serio; pero, por fin tivemos un regalo! […]

De Compostela ás Torres de Altamira

Quedamos o Antón, Jaime e mais eu ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, quilómetro 0 do camiño a Fisterra e Muxía, pois a nosa idea era pasar a mañá, a ser posible polo monte, cara ás Torres de Altamira e alí parada para o bocadillo e despois buscar unha baixada polo monte cara a Bertamiráns, onde Jaime deixara o coche o día anterior, e volta para casa […]

Ruta por Ortegal

A ruta, que é circular, comeza e remata na vila de Cariño. Lévanos por unha senda litoral ata o impresionante cabo Ortegal, pasando por San Xiao do Trebo, ermida asentada sobre unha antiga vila romana e que goza dunhas panorámicas estupendas. Lonxitude da ruta: 13 km Desnivel: medio (de baixada e de subida) Dificultade: media MIDE da […]

Courel. Ruta de Valdomir a Vilamor

Fin de semana no Courel! Desprazámonos a unha das xoias do noso patrimonio natural: A Serra do Courel. Terra do Courel, aspra e forte, de inxente beleza… Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas… Á lus do candil, 1953. Anxel Fole. Aloxámonos no albergue de Folgoso do Courel, que dispón de habitacións para […]