Arquivos de etiquetas: Camiño dos Faros

De Laxe a Camelle. Camiño dos Faros

Continuamos a nosa particular andaina polo Camiño dos Faros. Pode que esta etapa sexa unha das de maior beleza de todo o itinerario, pois ten un alto interese natural e, aínda que vai todo o tempo pola costa, ten unha enorme variedade de paisaxes, o que incrementa o seu interese. Comeza o percorrido en Laxe, […]

De Cabana de Bergantiños a Laxe. Camiño dos Faros

Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire no alto da costa de Uces de montesía canle; pasado Vilaseco, indo pola Gandra adiante, xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate. —Eduardo Pondal (1885) Pouco a pouco imos completando pola nosa conta etapas do Camiño dos Faros. En decembro pasado quedáramos en Cabana e tocaba agora írmonos […]

De Corme a Cabana de Bergantiños. Camiño dos Faros

Seguimos coñecendo a nosa costa percorrendo o Camiño dos Faros. Nesta ocasión comezamos no porto de Corme e imos ata Cabana. O percorrido vai por zonas de alto interese paisaxístico como por exemplo o estuario do Anllóns, e pasa pola vila de Ponteceso. O día foi perfecto para facer este tramo, pois regalounos unha espléndida temperatura, sen vento e […]

De Niñóns ao Roncudo. Camiño dos Faros

Para facer este itinerario seguimos parte da segunda etapa do Camiño dos Faros, unha senda de 203,50 quilómetros que enlaza os faros da Costa da Morte, de Malpica a Fisterra. Saimos dende a  praia de Niñóns, indo practicamente todo o rato pegados á costa, por zonas de cantís e rematamos no Roncudo. Un percorrido que ten un […]

De Malpica a Niñóns. Camiño dos Faros

Para facer este itinerario seguimos a primeira etapa do Camiño dos Faros, unha senda de 203,50 quilómetros que enlaza os faros da Costa da Morte, de Malpica a Fisterra. A ruta parte de Malpica e vai ata a praia de Niñóns practicamente todo o rato pegada á costa, por zonas de cantís. O percorrido ten un altísimo […]