Arquivos de etiquetas: Bosque

Polas Fragas e levadas dos ríos Calvo e Deva. PR-G165

A de hoxe presentábase como unha xornada festeira, pois tiñamos reservado para Suso unha serie de sorpresas, por isto de celebrar as súas 151 andainas coa USC, e que lle fomos dando ao longo do día… e comezamos ben cedo! Recibiunos o bus que nos leva por Galicia adiante ben engalanado de guirnaldas e cunha […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 III

Hoxe é unha xornada moi especial para este grupo, pois o Suso celebra as 150 camiñadas coa USC! Resulta que o home andaba preocupado pois cría que non ía chegar a esta cifra xa que, entre os problemas das rodillas e os arrefriados invernais que impediron que se apuntase ás andainas, non lle chegaba o […]

Polos Montes de Becerreá. Aciñeiral de Cruzul

  Lonxitude: 17 km aprox. Dificultade: media-alta Desnivel: medio-alto A ruta comeza mesmo na vila de Becerreá (638 m de altitude), cun percorrido por zonas de media montaña do concello. Ao pouco de comezar, con 5 km de constante subida, acádase o alto da Serra da Pena do Pico, case a 1200 m na caseta […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 II

Neste marzo pasado remataba a entrada da primeira andaina pola Ribeira Sacra do Miño expresando as gañas que tiña por facer a segunda parte do PR G-162, pois deixárame unha grande sensación pola fermosura de andaina fixemos. Pois se daquela expresaba isto, non vos podedes imaxinar a que fixemos hoxe! hai que percorrela, é das rutas que hai que facer sí ou sí, […]

Ruta dos tres pazos

Organizou Manolo tan ben o roteiro por Brión en novembro pasado, que o comprometimos para que nos fixera outra andaina polas terras barcalesas e cumpriu, vaia se cumpriu! Hoxe fomos camiñar ben perto de Santiago, xa que nos desprazamos ata o concello de Negreira para percorrer a denominada por Manolo Ruta dos Tres Pazos, pois visitamos […]

Ruta pola Serra do Calamouco

Despois de que tanta cicloxénese explosiva fora a protagonista durante estes días, e que provocaron que non saíramos nada en todo o que vai de mes, había moitas gañas por ir camiñar. O día foi, con diferencia, o mellor do inverno para saír, con boa temperatura e, o máis importante, cun ambiente entre nós espectacular, […]

Ruta polos Montes da Ruña. Devesa de Anllares

Os montes da Ruña érguense por riba dos 600 m, e son un miradoiro fantástico sobre a comarca do Xallas. Pasamos tamén pola fermosa devesa de Anllares, que é o bosque atlántico máis occidental de Europa. Lonxitude da ruta: 15 km Desnivel: medio (principalmente de subida) Dificultade: media MIDE da ruta dos montes da Ruña A ruta comeza en Olveiroa, no concello […]

Ruta por Mesía

Lonxitude da ruta: 14 km Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Mide da ruta de Mesía Track GPS Ruta Mesia PR-G117 (Comprimido)..zip Desta vez fomos ata o cercano concello de Mesía. Comezamos a xornada desprazándonos ata Xanceda, onde facemos unha visita á Casa Grande de Xanceda, interesante granxa de elaboración de produtos lácteos ecolóxicos. A visita prolongouse […]

Courel. Ruta da Devesa da Rogueira

Xa vai alá un ano dende que estiven na Devesa da Rogueira, á que accedéramos daquela desde o Alto do Couto. Desta vez variamos e fixémolo desde Moreda.  Lonxitude da ruta: 10  km aprox. Desnivel: medio (tanto de subida coma de baixada) Dificultade: media-alta MIDE A Devesa da Rogueira Track GPS Devesa da Rogueira (Comprimido).zip Erguémonos cedo, pois […]

Courel. Ruta de Valdomir a Vilamor

Fin de semana no Courel! Desprazámonos a unha das xoias do noso patrimonio natural: A Serra do Courel. Terra do Courel, aspra e forte, de inxente beleza… Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas… Á lus do candil, 1953. Anxel Fole. Aloxámonos no albergue de Folgoso do Courel, que dispón de habitacións para […]