Arquivos de etiquetas: Balneario

Geira Romana e dos Arrieiros. De Monterredondo a Cortegada

Deixamos de camiñar por terras de Portugal, que nos agasallou con xornadas de moi bos momentos, e continuamos por terras galegas este Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro, un dos camiños máis antigos que ían cara a Santiago de Compostela. Peregrinos e comerciantes servíanse del, tal e como se resalta en abundantes documentos históricos. A ruta aglutina […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Campo de Gerês a Lobios

A terceira etapa percorrendo o camiño xacobeo (que non está recoñecido como oficial), é a última que discorre por esta Geira, a antiga calzada romana Vía Nova, ou Vía XVIII, que aínda mantén por estas paraxes un dos seus treitos máis ben preservados. Pasa por un dos entornos máis fermosos do Parque Nacional Peneda-Gerês, pois a primeira […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Caldelas a Campo de Gerês

Logo da etapa inicial, case urbana, deste camiño a Santiago, hoxe acometemos unha máis longa e dura, que percorremos fundamentalmente pola Geira ou Vía Nova, a vía romana mellor preservada en Portugal, que conta con máis de 230 miliarios ao longo do seu percorrido ata Astorga. Powered by Wikiloc Se onte a vía ascendía por relanzos […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Braga a Caldelas

Coincidindo coa ponte do Pilar, un grupo de amigos desprazámonos ata Braga para comezar a percorrer, durante catro días, un camiño xacobeo que non está recoñecido como oficial, o camiño Jacobeu Minhoto Ribeiro Breeiro, e que durante o periplo portugués vai pola antiga calzada romana Vía Nova, mencionada no itinerario de Antonino como Vía XVIII, que […]

Ruta da Corga do Fecha, Cabaniña do Curro e a Vía Nova

Esta fin de semana fomos camiñar polo parque natural da Baixa Limia e Serra do Xurés. Estivemos aloxados en Lobios, no hotel Lusitano, en réxime de media pensión e moi ben atendidos, polo qque é un establecemento moi recomendable para achegarnos ata o parque natural. Creo que calquera vila da Galicia, sobre todo do interior, sentiríase […]

Ruta do Val de Ponga

O segundo día achegámonos a San Xuan de Beleño (Beleñu), capital do concello de Ponga, para visitar o Centro de Interpretación do Parque Natural e, deste xeito, coñecer un pouco mellor os valores naturais, paisaxísticos e culturais destas terras… e non entendemos como hai partidos que se opoñen a que sexa declarado reserva da biosfera. […]

Camiño de San Rosendo I

Este sábado desprazámonos ata a Baixa Limia, e fomos percorrer parte do Camiño de San Rosendo, que forma parte dos Camiños Naturais habilitados polo Ministerio de Medio Ambiente. Nesta ocasión fixemos o tramo de Santa Comba ata Bande. A ruta leva o nome de San Rosendo polo Santo que se coñece como o defensor e pacificador de […]

De Carballiño a Pazos de Arenteiro e Leiro

Esta fin de semana fomos ata as Terras do Avia, para facer o Roteiro do río Arenteiro. A ruta comeza no Carballiño e remata en Pazos de Arenteiro, 14 km pero, como tiñamos gañas de camiñar, continuamos ata Leiro, 5 km máis. Lonxitude da ruta: 19 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (a dificultade ven dada polo […]

Castelo de Pambre e Torrentes do Mácara

Percorrido polas terras altas do Ulla e Castelo de Pambre Sábado, 11.06.2011. Lonxitude da ruta: 12/13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (algún tramo rochoso e esvaradizo no río) Track Pambre (comprimido).zip Este percorrido pola Ulloa iniciámolo no mesmo Castelo de Pambre, o cal visitamos pois estaba recente a súa apertura ao público por parte […]