Ruta na zona de Troumouse


326 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (2 votos, media: 5.00 de 5)
Loading...
Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Foto de Rocío Bulnes

Esta xornada plantexouse como de descanso nesta estadía pirenaica, polo que uns aproveitamos para coñecer a vila de Luz-Saint-Sauveur, outros achegáronse ata a cercana Lourdes, facer algunha compra… e outros, os que aínda teñen suficientes forzas animáronse a unha actividade circular nunha zona espectacular deste sector pirenaico, o Cirque de Troumouse.

Luz-Saint-Sauveur dende a Chapelle de Solférino

Eu optei pola primeira opción de descansar, polo que carguei a Alfonso coa miña cámara para que deixara constancia da expedición. A verdade é que as fotos reflexan unha paisaxe espectacular!

Cirque de Troumouse

Foto de Alfonso Blasco

A de hoxe é unha ruta moi montañeira e, a pesares de ser unha actividade relativamente curta, é bastante intensa pola forte subida e baixada e polo ambiente no que se desenvolve, pero paga a pena por ver e camiñar por este lugar tan marabilloso.

Foto de Alfonso Blasco

Comeza a andaina no val de Héas, moi preto da súa antiga capela (1543m), cuns orixes que se remontan a 1349. Os primeiros pasos son fáciles pero pronto tomamos un desvío en fortísima subida, que conduce á Cabanne de l’Aguila e á Hourquette de Héas. Ao longo dos dous primeiros quilómetros ascéndese paulatinamente (11% de desnivel medio) por un sendeiro estreito e sinuoso, deixando o val do Gave de Héas á dereita.

Foto de Alfonso Blasco

O enorme Cirque de Troumouse encerra unha das paisaxes máis espectaculares do Parque Nacional dos Pirineos franceses. Á sombra da popularidade do seu veciño, o Circo de Gavarnie, o de Troumouse pouco ou nada lle ten que envexar. As súas grandes dimensións (é un dos circos glaciares máis grandes de toda Europa), a súa forma circular case perfecta, a súa facilidade de acceso e a pouca afluencia de visitantes en comparación con Gavarnie, convérteno nun lugar ideal para gozar da maxia destas montañas.

En fortísima subida acadamos a cabana de l’Aguila. Dende aquí o sendeiro vai a media ladeira nun ambiente sorprendente ata a cabana Des Aires, onde comeza o descenso.  Imos entre pastos para ovellas e reses, ao abrigo dun muro de roca natural e semicircular impresionante.

Foto de Alfonso Blasco

O descenso tamén é forte, pois neste tramo final duns 4 km pásase dos 2020 m ata os 1521 m do comezo, o que fai unha media d12,5% de desnivel.

Polo que me dixo Alfonso ao regresar, tiña razón Víctor ao comentar que era unha ruta moi intensa, nun ambiente tamén intenso.Por certo, as fotos de Alfonso, alcumado o axudante, marabillosas! Parabéns pola reportaxe!



Galería

Ruta na zona de Troumouse


2 comments

  1. Responder

    Mariví

    As ovellas tinguidas de azul son verdadeiramente curiosas, pobriñas!!!!. Todo espectacular!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*