“Moitos amigos son paisaxe ó facérense terra e luz.             
Non hai camiño galego sen o ecoar de pasos amigos”
(R. Otero Pedrayo)

A finalidade deste blog xurde polo desexo de dar conta dos Roteiros organizados pola Fundación USC Deportiva a través do Servizo de Deportes da USC, sobre todo de Víctor que me animou a facelo e, en certo modo, ven ser como unha mostra de agradecemento a esta proposta tan ben levada por el e por María, Silvia, María, Mónica, Rocío…

Levo varios anos participando nas rutas (a primeira e de imborrable recordo foi a de Baldaio a Malpica, creo que alá por novembro de 2007), e pouco a pouco fun enganchándome nesta actividade e animándome a promocionala. O contacto coa Natureza, xunto co exercicio físico moderado, e a riqueza paisaxística do noso País reflíctese tamén na variedade de rutas que realizamos: hai sendeiros de media montaña, rutas de ríos, camiños de costa…

Dende o 2011, xa coa cámara de fotos en ristre, veño poñendo no meu muro do FB as reportaxes fotográficas de cada ruta feita para que os compañeiros de camiñada e amigos as lembren, e disfruten delas tanto como fago eu.

Este blog non aspira a ser unha guía de Roteiros por Galicia, pero nace coa finalidade de dar a coñecer a través das rutas de sendeirismo que facemos algúns dos lugares máis emblemáticos e fermosos da nosa Terra (como ben dí Carliños Vivimos na terra prometida!!!, o malo é que moita xente non o sabe nin o aprecia!). Entre eles, mosteiros e igrexas cunha longa tradición medieval e moderna, xacementos arqueolóxicos ou paraxes naturais de innegable beleza. Sen dúbida, a diversidade e beleza das zonas rurais ou costeiras é un dos atractivos, pero deterse a descansar nun bidueiral, pasar baixo unhas parras, ou parar a conversar cos paisanos das aldeas que cruzas son circunstancias que resultan moi gratificantes.

A idea é que cada itinerario inclúa unha pequena guía coas características e desenvolvemento do percorrido feito, o seu perfil topográfico e, fundamentalmente, coas fotografías feitas no percorrido.

Agardamos que vos guste.

9 comentarios sobre “Roteiros galegos”

  1. Sen dúbida, ésta será unha ferramenta estupenda para todos os que disfrutamos do sendeirismo. Un sitio de “obrigada” visita co que poder coñecer as marabillas naturais e culturais agochadas no noso país. Moitas grazas, Fran.

    Víctor

    1. Moitas grazas! Isto anima, de verdade, anque as marabillas coñecémolas grazas a tí polas rutas que nos preparas

    1. Grazas Julián. Non sei moi ben a que clasificación te refires; supoño que a rutas circulares, que empecen e rematen no mesmo punto e liñais, que empecen nun sitio e rematen noutro diferente. Supoño que será iso, non?

  2. Encáname esta páxina. Gustaríame saber como me podo poñer en contacto contigo, Fran, para anotarme nalgunha dos teus roteiros.
    Saúdos

    1. Ola Teresa:
      Contéstoche con moito gusto. Verás, esta é unha actividade organizada pola Fundación USC Deportiva e o Servizo de Deportes da USC. Eu son un mero participante da actividade, pero o que sí che podo dicir é que o pasamos moi ben e hai un ambiente marabilloso entre nós.
      Podes botarlle unha ollada á páxina do Servizo de Deportes da USC, pois xa están programadas as actividades de maio, e teñen unha pinta boísima.
      Alégrome de que che guste a páxina. Moitas grazas, e se tes algunha dúbida e che podo axudar, estarei encantado de facelo.
      Apertas,
      Fran

  3. Hola, buenas tardes.
    Desde hace tiempo soy seguidor de vuestras rutas, que agradezco que compartáis Me gustaría saber si los tracks de las mismas están en algún sitio accesibles o alguien las sube para poder bajarlos y bajarlos y seguir alguno.
    Gracias y felicidades.
    Saludos

    1. Ola,
      Moitas grazas por escribir.
      En principio, a maioría dos artigos publicados teñen os tracks (dende este ano están ao principio da entrada, e nos anteriores ao final de cada artigo); supoño que podes baixalos sen problema, ou se o prefires, telos á túa disposición nesta páxina da Fundación USC Deportiva: https://goo.gl/9HcEG7
      Calquera cousa, non dubides en solicitala.
      Unha aperta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio