Roteiros Galegos 2015


777 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (4 votos, media: 4.75 de 5)
Loading...

Nevarada na Ruta pola Serra Martiñá. Cea 31/01/2015

Rematamos outro ano máis de andainas e non queremos deixar de pasar a ocasión para agradecer a vosa participación e o voso apoio a este blog, para que este proxecto siga adiante coa mesma ilusión do primeiro día.

Roteiros Galegos pretende ser un espazo no que podemos conectar dun xeito moi especial a través do sendeirismo. Non pretendemos facer unha memoria ao uso do acontecido ao longo do ano, pero sí que queremos salientar as CL andainas de Suso coa USC (e de Elena… ), convenientemente celebradas e, como non, da participación dos inolvidables Johanna e Helmut, aos que lles mandamos moitos bicos e apertas.

É un pracer, unha honra e un luxo compartir con vós este vídeo, no que deixo moitas imaxes no caixón e no que saliento a viaxe que fixemos aos Pirineos, a primeira vez que podo ir a unha ruta de varios días… e agardo que non sexa a última!

Aínda nos queda por camiñar o último roteiro do ano, no que facemos a mellor das andainas, :-))), pois non celebramos a despedida do 2015, celebramos un ano mais xuntos, que é o mais importante!

Desexámosvos o mellor, sempre. Felices festas e un 2016 que sexa ben agradecido con vós!


Vídeo




4 comments

  1. Responder

    Belén

    Que o ano que vén nos traia saúde, amizade, traballo e moitos máis encontros, andainas, roteiros e viaxes estupendos!
    Encantoume este resumo, es ben mellor que FB, Fran, aínda botei unhas risas.
    Bicos a todos e feliz 2016…o mellor está por chegar e a mellor andaina de todas tamén!!! Hip, hip…hurra 😉

  2. Responder

    marivi

    Que o camiño saia sempre ao voso encontro!!! Que sigades a disfrutar de fermosos roteiros!!! A todos os roteirans vos desexo paz e ben nestes días e paz e ben no 2016.

    Mariví Pardo, seguidora e disfrutadora visual das vosas andainas

  3. Responder

    Felipe

    Precioso video Fran que nos trae un monton de bos recordos. Perdoa pois ata hoxe non o vira nin me decatara de que o tiñas publicado no blog.
    Un abrazo

    • Responder

      Alégrome de que che gustara Felipe! E agardo seguir téndote de compañeiro nas rutas deste ano e de moitos anos máis! Unha forte aperta!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*