Roteiro polo Tambre. De Lens a Negreira


1.379 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (2 votos, media: 3.50 de 5)
Loading...

Finalizamos os nosos roteiros polo Tambre desta tempada con esta excursión que nos levou dende a parroquia de Lens, no concello de Ames, ata a ponte de Ons na entrada a Negreira. Como as anteriores, a ruta ten un alto valor ambiental.

  • Lonxitude: 11 km aprox.
  • Dificultade: baixa
  • Desnivel: baixo
Volvemos visitar Lens, cos seus lavadeiros, fontes, hórreos, casas restauradas, pazos… unha auténtica descuberta! e continuamos ata a fermosa Ponte Maceira, na parroquia amiense de Agrón. Considerada en toda a comarca como romana, a ponte foi construida no século XIV a petición da Mitra Compostelana e reformada no s. XVIII, anque a súa base sexa moi anterior. A ponte é paso obrigado dos peregrinos a Fisterra.
A pesares de ser o tramo en que menos fomos á beira do Tambre, non desmereceu moito do visto en percorridos anteriores, e pudemos apreciar fermosos lugares como Arufe, Gasamáns ou Ons, finalizando coa parada obrigada no Mezquita, en Negreira, disfrutando dunha cervexa con moitas caras novas. Parece que isto engancha!

Ver Roteiro polo Tambre. De Lens a Negreira nun mapa máis grande


Galería

Roteiro polo Tambre. De Lens a Negreira


Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*