Roteiro polo Monte Viso


1.691 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (1 votos, media: 4.00 de 5)
Loading...

No cumio do Viso

Despois de varias semanas sen parar de chover, este xoves deunos un cambio de tempo, o que nos permitiu facer o primeiro roteiro do mes e volver ao monte Viso, pero por unha ruta distinta á que fixéramos en setembro do ano pasado.

Logo de entrar na Colexiata de Santa María de Sar e admirala, así como o seu claustro, comezamos a camiñar dende alí e tomamos rumbo cara o monte Viso por Cruceiro de Sar e o lugar de Marzán. Deste xeito chegamos ao monte Viso dende a súa ladeira Sur. Unha vez acadado o cumio, o merecido descanso fíxémolo alí, dende onde se ten unha vista, para min, máis fermosa que dende o Pedroso, pois podes facer un xiro de 360º vendo a cidade (a da cultura tamén), San Marcos, Bando, Aríns, Pico Sacro

O descenso fixémolo pola cara Norte do monte, ata chegar ao río Sar e dende ahí continuar ata o lugar de O Viso, finalizando de novo na Colexiata, despois de pasar polo pavillón de Sar. Unha gozada de tarde!

  • Lonxitude: 10 km aprox.
  • Dificultade: baixa
  • Desnivel: medio


Ver Roteiro polo Monte Viso nun mapa máis grande



Galería

Roteiro polo Monte Viso


Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*