Roteiro de fin de ano polo Monte de San Lois


818 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (2 votos, media: 4.00 de 5)
Loading...

Roteiro de fin de ano polo Monte de San Lois

Como xa é tradición xuntámonos o día 31 de decembro para despedir o ano e, unha vez máis, buscamos un bo sitio onde poder gozar de boas vistas. O lugar elixido é o monte San Lois en Noia. Un percorrido para saudar a andaina do novo ano que, de certo, nos vai traer novos retos, ilusións e gratificacións (malo será).

  • Lonxitude da ruta: 8 km
  • Desnivel: medio-baixo
  • Dificultade: baixa

A ruta é circular, ten certo desnivel, xa que temos que acadar o cumio do monte. Coma sempre, as gañas de pasalo ben en todos nós é patente dende o momento en que subimos ao bus. Non lle fixemos caso a Maríví, que o ano pasado pedíanos que, polo menos, fóramos hoxe todos con diadema pero casi! Cada ano imos mellorando no atrezo!

Logo de visitar a igrexa de Argalo iniciamos o ascenso, sempre por un entorno forestal e non exento de esforzo. Dende o cumio, divísase o núcleo urbano de Noia e a ría de Muros e Noia en toda a súa estensión. Nas inmediacións do cumio aprécianse os restos, en forma de muros, do que foi un primitivo poboado castrexo datado na Idade de Ferro.

No cumio do monte aproveitamos para  brindar con escumoso polo novo ano, estendendo o brinde a todas e todos os habituais das camiñadas que non puideron vir. Coma sempre, despregamos de todo, pois non vos podedes imaxinar o que alí sacamos!! Ademais do escumoso galego, houbo moito doce elaborado, o mazapán que trouxo Antonio da confeitería Rosch en Moratalla, Murcia, un clásico! os figos con noces de Carme e Jesu e dátiles con queixo de San Simón cos que nos agasallou Suso, almendrados, bombóns, qué sei eu que máis… ah! e os hojaldritos e melindres que trouxeron Marga e Xerardo de Dinguilindin, unha pasada!

Como comentei na felicitación de Nadal, non celebramos a despedida do 2015, celebramos un ano mais xuntos, que é o mais importante!

Feliz Aninovo a tadas e todos os sendeiristas !!  E vémonos polos camiños no 2016!



Galería

Roteiro de fin de ano polo Monte de San Lois


2 comments

  1. Responder

    Suso

    Que non paren os corpos na casa, todos para o monte!!!!

    Unha aperta para todos os membros das andainas da Fundación Usc Deportiva

    Grazas por todo!!

    Suso de Ribeira!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*