Polo entorno do Mosteiro de Leyre


631 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (3 votos, media: 4.67 de 5)
Loading...

Mosteiro de Leyre

Viaxamos nesta ocasión aos Pirineos aragoneses. No verán do 2010 e no do 2014 o grupo de sendeirismo da USC xa estivera nos Pirineos navarros, pero desta volta visitamos a parte aragonesa da cordilleira. Hai que madrugar, pois temos por diante unhas doce horas de viaxe, pero coido que paga a pena pois imos con moitas gañas de facer rutas de sendeirismo pola zona, de dificultade variada e dunha beleza extraordinaria, tanto dentro do parque nacional como nos arredores… Xa irei contando.

Mosteiro de Leyre

O mesmo día da viaxe a Broto, fixemos unha parada no mosteiro de Leyre, onde están os piares do vello Reyno de Navarra e o panteón dos seus primeiros reis. Leyre é o principal monumento románico de Navarra e un dos conxuntos altomedievais máis atractivos de España. A súa igrexa abacial, cripta e Porta Speciosa (séculos XI-XII) son de extraordinario interese.

Logo da visita ao mosteiro, aproveitaremos para estirar un pouco as pernas facendo un percorrido dende o propio mosteiro ata a fonte de San Virila, un pequeno manancial localizado na Serra de Leire. Certamente a fonte non é nada do outro mundo pero é o camiño en sí o que realmente paga a pena. Un paseo moi recomendable pola súa facilidade e beleza paisaxística, cun percorrido de algo menos de 4 quilómetros en lixeira ascensión e ben sinalizado ata chegar á fonte. A vista tamén é espectacular co mosteiro xurdindo entre a frondosidade do bosque, co telón de fondo da auga do encoro de Yesa, o que confire unha fermosa visión.

A máis encantadora das lendas de Leyre conta que este santo abade Virila, nunha tarde de primavera aló polo 850, saiu pasear polo bosque meditando sobre o dilema da eternidade e durmiuse nese lugar da serra de Errando escoitando a un reiseñor. Cando espertou e baixou a Leyre, atopouse con que os monxes non o recoñecían porque pasaran 300 anos desque saíra do mosteiro. É un feito certo que Virtila foi abade de Leyre, e as súas reliquias encóntranse no mosteiro.

Unha vez rematado o itinerario, continuamos con dúas horas de viaxe máis camiño de Broto, no Pirineo central, na comarca do Sobrarve, a tan só 12 km do parque nacional de Ordesa e Monte Perdido. Aloxados no hotel Sorrosal en réxime de media pensión, cun trato moi familiar e atento.



Galería

Polo entorno do Mosteiro de Leyre


1 Comment

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*