Parque Natural de Arribes del Duero. De Moralina a Villadepera


545 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (2 votos, media: 4.00 de 5)
Loading...
Ruta de Moralina a Villadepera (44)

No mirador de Peña Centigosa, admirando a famosa ponte de Requejo. Foto de Xerardo

Esta semana santa, do 2 ao 5 de abril, os compañeiros de sendeirismo da USC foron de rutas por terras de Zamora, máis concretamente foron desfrutar do Parque Natural dos Arribes do Douro.

Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera. O xoves ás 08:00 sairon cara a Moralina de Sayago, en Arribes del Duero. Moralina é un pobo típicamente zamorano. Logo de instalarse no centro de turismo rural fixeron a súa primeira ruta: De Moralina a Villadepera.

  • Lonxitude: 12 km
  • Dificultade: Baixa
  • Desnivel: Baixo

É un percorrido sinxelo e fermoso que serve como toma de contacto coa paisaxe que atoparon ao longo dos días no parque natural. Comeza na localidade de Moralina e vai atravesando dehesas e ribeiras así como zonas altas.

Un pouco antes de rematar achegáronse ao mirador de Peña Centigosa, dende onde hai unhas fermosas vistas do Douro e da famosa ponte de Requejo, impresionante obra de comezos do século XX. A ruta é preciosa e ten un alto valor natural e paisaxístico.

Copio a información da FUSCD para ilustrar as rutas, con fotos de Xerardo, Elena e Carmen.



Galería

Parque Natural de Arribes del Duero. De Moralina a Villadepera


Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*