Miradoiros de Lobeira e Faro das Lúas


2.973 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (Non hai valoracións)
Loading...

1301lobeira027

Hoxe realizamos esta ruta prevista inicialmente para despedir o ano o 31 de decembro pasado, que por circunstancias climatolóxicas non pudemos facer. O Faro das Lúas e o Monte Lobeira son uns estupendos miradoiros sobre a Ría de Arousa e toda a bisbarra. O itinerario que fixemos correspóndese en gran medida co PR-G126.

Iniciamos o percorrido en San Lourenzo de András, no lugar de Manga (ollo que entre o festival de Cans e o Manga podemos ser referencia mundial!)

camiño do Faro das Lúas, un excelente miradoiro cunhas vistas espléndidas, é de aceiro inoxidable e o seu autor é o vilagarcián Manolo Chazo. Acabou adoptando este nome polo feito de reflexarse o sol nas tres lúas ubicadas na súa parte máis alta, é un excelente balcón sobre a Ría de ArousaIlla de Arousa e a Illa da Toxa.

Logo dunha pequena parada, seguimos camiño ata o Lobeira. Ata o alto do monte accédese por vías forestais ata o mesmo pe do mirador, despois hai que subir ata o cumio a través de escaleiras. No alto pódese apreciar a vista explicada antes (ademáis da cara sur da Serra do Barbanza, ata a Illa de Ons), e tamén unha cruz no cumio do miradoiro. Tamén goza este miradoiro de certo valor arqueolóxico, xa que no seu cumio hai restos do que farece que foi unha antiga fortaleza medieval.

A cruz levantouse no 1896, e foi erixida como homenaxe ás vítimas dos naufraxios de navíos das costas próximas. Tras o afundimento do buque-escola Serpent o almirantado británico colocou nunha das rochas do miradoiro unha placa con inscrición inglesa para lembranza destes mariños.

Ah! Esquecíame de comentar que nos choveu toda a mañá e non tivemos oportunidade de desfrutar destas vistas que acabo de describir (outra vez será!)… iso sí, pasámolo que nin diola! e tivemos un pequeno respiro no cumio do Lobeira, o que aproveitamos para brindar con cava (galego e catalán) polo novo ano, estendendo o brinde a todas e todos os habituais das camiñadas que non puderon vir.

Ás novas incorporacións do domingo, como leváchedes esta andaina? Coméchedes moito turrón… pero non vos preocupedes porque despois poderedes recuperar a forma camiñando connosco e descubrindo o rico patrimonio galego. Benvidas!

E… boas festas e feliz ano!


Ver Miradoiros de Lobeira e Faro das Lúas nun mapa máis grande



Galería

Miradoiros de Lobeira e Faro das Lúas


4 comments

  1. Responder

    Belén

    Impactante a beleza da brétema nas fragas, mágoa non ter gravado o momentazo das 12 badaladas…aínda que vexo que non perdes detalle…
    arenga a prol da Primavera Árabe incluída 😉

  2. Responder

    Victor

    Miña nai, ata parece que os participantes o pasaron ben, a pesares da case que incesante e castigadora choiva..¡

    Eu pola miña parte, agardo que poidamos facer moitas despedidas de ano coma estas, aínda que millor con sol, e no seu día, claro ¡

    Apertas ¡

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*