311 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (3 votos, media: 5.00 de 5)
Loading...

Situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla, fronte ás costas de Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, é a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no Parque nacional das Illas Atlánticas, sendo o arquipélago máis resgardado dos catro que compoñen o parque: Cíes, Ons e Sálvora que, polo contrario, constitúen unha barreira natural que protexe as Rías Baixas da dureza do océano.

É case unha Illa de marea, uníndose á terra na baixamar polos viveiros (aínda que queda un fluxo de auga, pódese pasar andando). Ten unha extensión de 5 hectáreas e unha superficie de 2,5 quilómetros cadrados con algunhas praias e dous pequenos outeiros de pouco máis de 20 metros de altura cubertos por unha abundante flora; o maior bosque de loureiros da Península Ibérica, piñeiros, e outra vexetación.

  • Lonxitude: 2,5 km aproximadamente
  • Desnivel: Non ten
  • Dificultade: Baixa

Trasladámonos en bus ata o porto de Carril, dende onde se organizou o transporte á illa de Cortegada en embarcacións neumáticas de Corticata, empresa autorizada polo Parque Natural das Illas Atlánticas para levar a cabo actividades educativas e turísticas na illa e no seu entorno máis próximo.

Unha vez alí, fixemos un percorrido interpretativo pola illa dirixido por Eva, unha estupenda guía intérprete que nos falou da capacidade curativa da Virxe dos Milagres, ao pé da súa ermida derruida; tamén nos falou dos seus antigos poboadores, diante da desaparecida aldea onde vivían aquí, antes da doazón da illa a Alfonso XIII, perfectamente asentada no SW da illa, ao abrigo dos fríos ventos do norte; falou de lendas, das aves, dos insectos, das plantas, do impresionante bosque de loureiros; ou das illas menores que conforman o arquipélago, as Malveiras, o illote do Con ou as illas das Briñas, adiviñándose por detrás os montes do Barbanza… así da gusto percorrer a illa. Unha gozada!

Ao rematar regresamos nas embarcacións ao porto de Carril, e de aí en autobús a Santiago. Que tarde tan bonita tivemos!

Sen dúbida unha moi boa opción para pasar unha tarde coñecendo a illa… e a rapazada vaino pasar estupendamente! Moi recomendable.


Vídeo




Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*