Ruta por Esgos. San Pedro de Rocas


10.690 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (1 votos, media: 3.00 de 5)
Loading...
Paporrubio

Paporrubio

Desta volta fomos a Esgos, regresamos de novo á Ribeira Sacra, ese fermoso nome que nunca designou unha comarca ou entidade administrativa e que aínda hoxe, a pesar da súa fama, é de difícil delimitación.
A ruta comeza no mesmo Esgos, onde tivemos tempo para tomar un café, despois da viaxe dende Santiago, e observar algúns exemplos de arquitectura típica, así como algunha casa moi ben restaurada, ademáis da igrexa de Santa María de Esgos. Reagrupámonos na praza chamada Miguel Chisco, na que hai unha escultura adicada ao afiador, actividade moi arraigada noutro tempo nesta comarca, e neste punto iniciamos o noso percorrido ata San Pedro de Rocas, seguindo o PR-G 4.
O sendeiro PR-G 4 Camiño Real de San Pedro de Rocas, discurre por camiños dos chamados “Reais” que eran os viais públicos construidos antigamente. A calidade destes camiños podémola apreciar polos muros que os delimitan e a frecuencia do seu uso polas rodadas que os carros deixaron marcadas nas pedras e rochas que formaban o firme.
Unha vez pasada a aldea de A Meiroá, a seca vexetación autóctona e os signos das rodadas deste camiño van ser a tónica dominante. A pouco máis de dous quilómetros chegamos a unha encrucillada na que nos atopamos co peto de ánimas de A Meiroá, pequena arquitectura en pedra, moi frecuente en Galicia, que testemuña profundas raíces no culto aos mortos e devoción polas ánimas. É un peto de tipo pechado, con dous fornelos paralelos, sen retablo, tellado chan coroado por dous pináculos (falta o da dereita) e unha cruz, que tamén falta, que se fincaba na base en forma de copa. Os caixóns das esmolas aparecen nas mesas, diante de cada retablo. Na parte alta dos dous fornelos aparece gravado o ano da súa feitura e máis as dedicatorias: S.ANTON 1854 ANIMAS. Dado o seu estado de abandono e conservación, é evidente que non ten sinais de culto por parte dos camiñantes.
Despois dunha pequena subida, chegamos a un punto no que dúas rochas estreitan o camiño, sen poder imaxinar como cruzarían por este estreito paso os vellos carros. Algunha explicación haberá… Polas rodeiras marcadas na pedra, podemos intuir o intenso uso que se lle deu a este camiño e deducir a importancia do mesmo nas comunicacións entre o mosterio e as aldeas dos arredores.
Pero o que destaca sobre todo é o Mosteiro de San Pedro de Rocas, declarado monumento histórico artístico en 1923 e fundado no ano 573. O mosteiro é sen dúbida unha xoia arquitectónica e cutural do noso país. Nel atópase o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, o cal non pudemos visitar, a pesares de ter a visita concertada. Isto nos permitiu ter un pouco máis de tempo para disfrutar deste espazo e quizais non sexa esaxerado dicir que tan só este treito feito e a visita ao mosteiro xustifican sobradamente a viaxe ata Esgos.
O mosteiro ofrece unhas vistas impresionantes sobre o Pazo de Rocas e un gran monte de coníferas que ascende cara os picos pedregosos que lle dan nome, orixinados pola actuación dos axentes xeológicos sobre este lugar. O edificio prerrománico do mosteiro é sorprendente, tanto pola beleza do seu emprazamento e integración na Natureza como pola súa orixinalidade construtiva. Rocha e arquitectura dan forma a tres capelas co chan furado por numerosos enterramentos antropomórficos. Moi curiosa é a espadana do campanario que se ergue directamente sobre un gran rochedo.
Retomada a nosa marcha, un cartel nos indica unha baixada á Fonte San Bieito, unha pequena poza entre as rochas amósanos unha fonte de auga á que atribúen virtudes curativas para as verrugas; en Galicia aceites, panos, e augas vinculados a San Bieito, cura, por eliminación, as incómodas e pouco estéticas verrugas. Ascendemos ata o sendeiro e a nosa compañeira Silvia ilústranos sobre os líquenes, da súa simbiose cos fungos, os bioindicadores… un pracer!

Ao chegar á pista asfaltada, fixemos unha variante, ou engadido, ao Camiño Real, que comunica a aldea de Arcos con parte da Ruta do Camiño natural da Ribeira Sacra, onde iniciamos outro tramo de tipo circular que, por suposto, non desmereceu para nada ao resto da ruta, pois é rica en paisaxes xa que acada as zonas máis altas do concello, podendose divisar, por exemplo a maxestuosidade da Serra de San Mamede.

Xa de regreso, fixemos unha pequena parada na igrexa de San Bieito, antes da Quinta do Monte, onde Silvia nos volveu deleitar con outra pequena charla sobre a biodiversidade e logo emprendemos o camiño, sempre en descenso, ata chegar ás rúas de Esgos contemplando de novo as súas construcións e, onde despois dos estiramentos de rigor, disfrutamos  dunha cervexa reparadora, pois o día foi caluroso de verdade!



Galería

Ruta por Esgos. San Pedro de Rocas


9 comments

    • Responder

      Fran

      Gracias! A verdade é que foi unha gozada facerllas, e como dicían por alí é moi doado pois é un paxaro moi sociable.

  1. Responder

    Toni Ibañez

    Hola Fran. Hermoso día, buena compañía y fantástica ruta. Este cockteil termina en un día inolvidable. Sé que lo habeis pasado bien asi que sin mas, un abrazo. Tomo nota de la ruta
    Nos vemos en el camino

  2. Responder

    Celia

    E unha mágoa non poder ir a todos os roteiros, pero ahí temos puntualmente a túa información e, sobor de todo, as túas fotos para amosarnos a beleza da paisaxe e a impresionante natureza.
    Grazas.

  3. Responder

    Víctor

    A ruta estivo moi ben. Unha magoa non poder visitar o centro de interpretación da Ribeira Sacra. Fran esa foto do paporrubio… é de portada de National Geographic ¡

    Moitas grazas Fran

    • Responder

      Fran

      Grazas Víctor. O único pero que lle poño é a seca que estamos a padecer. É unha mágoa ver como está todo (e os incendios ameazando!). En canto á foto do paporubio, sí que se puso “a huevo” o coitadiño. Tireille algunha foto máis (e a outros paxaros tamén, jajaja!)
      Apertas e ata o sábado, que xa me tarda.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*