De Ribadeo á praia das Catedrais


9.218 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (3 votos, media: 4.00 de 5)
Loading...

Desta vez desprazámonos ata a Mariña Oriental, ao concello de Ribadeo para facer a Ruta que vai de Ribadeo á Praia de Augasantas (praia das Catedrais), todo pola costa. A intención é facer nesta tempada a costa de Lugo e ter case completada toda a costa galega.

  • Lonxitude da ruta: 22  km aprox.
  • Desnivel: baixo
  • Dificultade: media (os camiños son bós en xeral. A dificultade ven dada pola lonxitude)

Debido á dependecia das mareas houbo que facer un pequeno cambio no desenvolvemento da ruta, pois en lugar de comezar na mesma vila de Ribadeo e ir seguindo todo o tramo costeiro ata chegar á Praia de Augasantas (praia das Catedrais), o que fixemos foi comezar en Rinlo pola mañá para chegar ás Catedrais coa baixamar e poder desfrutar deste monumento natural en todo o seu esplendor. Xa pola tarde, regresamos a Rinlo e fixemos o tramo ata Ribadeo e completar deste xeito os 22 km da ruta.

Rinlo ten as súas orixes nun porto baleeiro (coa segunda confraría de pescadores máis antiga de España), e hoxe é un pequeno e pintoresco porto pesqueiro, coñecido popularmente como o lugar onde se crían as millores lagostas, bogavantes e centolas de toda a costa cantábrica.

Na rochosa costa de Rinlo predominan as pizarras e os esquistos, o que fai que nesta zona da costa haxa gran cantidade de acantilados que, xunto coa forte axitación que habitualmente presenta o mar se forme unha paisaxe chea de abundantes grutas que constitúen verdadeiros paraísos para as diferentes especies de mariscos.

Todo o itinerario vai pegadiño á costa aproveitando sendeiros de pescadores, camiños bos, e algún que outro inevitable tramo de asfalto. O percorrido é unha contínua sucesión de enseadas e cabos: praia dos Xuncos, praia dos Castros, onde podemos ver xa un anticipo das covas e formacións rochosas das Catedrais, das Illas, de Esteiro; a paisaxe que fomos desfrutando é sinxelamente espectacular, sublime, ata rematar na praia de Augasantas, declarada monumento natural

Xa pola tarde, saímos de Rinlo en dirección leste pegados á costa, ata chegarmos ao faro de Ribadeo, situado na illa Pancha, xusto á entrada da ría. Como dixen máis arriba, en toda a ruta as paisaxes son abraiantes, polo que ten un altísimo interese paisaxístico, natural e xeolóxico. Só nos quedan uns tres quilómetros para chegar a Ribadeo en dirección sur.

Ruta do val do río Aviouga


Ver De Ribadeo á praia de Augas Santas nun mapa máis grande



Galería

De Ribadeo á praia das Catedrais


8 comments

  1. Responder

    jagoro

    Hola Fran, buenos días a tod@s,

    Las casi dos horas de autobús valieron la pena: unas ventanas al mar en todo el recorrido que son de admirar y más cuando poco a poco te vas dando cuenta que la costa se levanta y las playas quedan a tus pies!

    Magestuosa es la palabra: magestuosa la Playa de las Catedrales y magestuoso el soleado día que nos permitió disfrutar unas horas de ella.

    ¿Seguro que nadie le lleva huevos a Santa Clara para las rutas…? …ni una nube en el cielo! XD

    Sabía decisión la del cambio de ruta!

    Un abrazo!

    Jana

    • Responder

      Fran

      Grazas Jana!!

      A verdade é que estamos a ter un comenzo de tempada espectacular, cunhas amplitudes de paisaxe que fan que desfrutemos un montón. Eu polo menos.

      O dos ovos a Santa Clara creo que non funcionaría, pois estou convencido de que quen encarga así os días é Víctor (a el chóvelle cando vai preparalas e deixa o día bo para cando vaiamos con el), pois só lembro unha ruta na que quedamos coma pitos e, aínda así, é das que teño millor lembranza!

      Apertas!!
      Fran

  2. Responder

    Sen lugar a dúbidas un destino incrible. Sorprendeume a cor azul que teñen as pozas interiores na Praia das Catedrais, así como a mar en xeral preto da costa por Rinlo, as Praia dos Castros, etc. Lembroume as costas de Niza, Cannes e a zona norte de Italia.

    O que botei en falta foi ver algunha casa de estilo indiano, é unha das cousas que máis me chaman a atención desta zona de Galicia.

    • Responder

      Fran

      Grazas Uruloki!!
      Tés razón no das casas de indianos. Supoño que sería debido ao ir tan pegados á costa. Anque en Ribadeo está a emblemática Torre dos Moreno, que supoño que coñecerás (última das miñas fotos), construída con cartos enviados polos irmáns Moreno creo que dende Cuba. E tamén son moi importantes en toda esta zona as escolas financiadas cos cartos da emigración (en Rinlo hai unha).
      Deberíamos facer outro roteiro, por exemplo, admirando estas edificacións, non sí?
      Apertas

  3. Responder

    Pilar

    Fran,
    gracias por el estupendo paseo, aunque sin cansancio para mí. Las fotos me impresionan cada vez más y en la ruta de Rinlo a Ribadeo las has bordado.
    Un abrazo

    • Responder

      Fran

      Grazas Pilar!
      Tés que probar a camiñalas tamén, eh! Esta por exemplo é moi posible que se repita o ano que ven…
      Bicos

  4. Responder

    Victor

    Vaia, que fotazas..¡¡ É unha sorte que poidamos voltar a disfrutar do percorrido así, dende casa. Tomamos boa nota no tema das casas dos indianos porque creo que dado o éxito que tivo a actividade poderemos voltar a esa zona. Ribadeo pode ser un bo sitio para pasar unha fin de semana e facer incursións na parte asturiana, que vos parece?

    Por certo Fran, vexo que ninguén comentou nada da ruta do Pindo, non sei si é que quedamos todos enmudecidos ben polo esforzo ou pola súa beleza…¡

    Apertas ¡

    • Responder

      Fran

      O da fin de semana sería estupendo!… e tamén me sorprendeu moito o no comment do Pindo, supoño que pola súa beleza, que nos deixou sen palabras.
      As rutas están a ser inmellorables!
      Apertas!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*