Arquivos da categoría: Pontevedra

Geira Romana e dos Arrieiros. De Cachafeiro á Consolación

O camiño Vreeiro era unha ruta medieval utilizada para levar o viño do Ribeiro a Compostela, pero na súa orixe está ademais unha das rutas de peregrinación máis frecuentada polos camiñantes que do norte de Portugal se dirixían tamén á cidade do Apóstolo. Por Terra de Montes e Tabeirós deixa unha interesante pegada do enorme […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Beariz a Cachafeiro

Hoxe imos ter un día para camiñar perfecto! Nada que ver co que nos tocou na etapa anterior de chuvia frío e auganeve. Estamos de novo en Beariz para iniciar a décima etapa desta Geira Romana e dos Arrieiros. Hai que lembrar que imos por camiños transitables aínda que sen ningún tipo de sinal de […]

Ruta do río Seixo

Hoxe desprazámonos ata o concello de Cerdedo-Cotobade, no interior da provincia de Pontevedra, para percorrer a ruta do río Seixo. Sen dúbida, un itinerario fermosísimo deseñado por todo o val do río Seixo. Lonxitude: 14 km aproximadamente Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta do río Seixo (Cerdedo) Track GPS da ruta do río […]

Ruta do Castro de Doade

Como en anos anteriores, e xa se vai convertindo nunha tradición, aproveitando a celebración de San Tomé de Aquino na Universidade, algún incondicional do sendeirismo desprazámonos ata Codesedo, no concello de Lalín, para percorrer a ruta do Castro de Doade ou da Casa do Patrón, PRG-210, unha fermosa ruta circular de algo menos de dezaseis quilómetros. […]

Serra do Candán. Zobra

Esta é a terceira vez que visitamos a parroquia de Zobra, entre o Candán e os montes do Testeiro. Anteriormente estivemos na aldea de Grobas e na primeira fixemos o ascenso ao monte Coco (969 m). Desta volta imos percorrer parte do sendeiro homologado PR-G 188, chamado Sendeiro de Zobra. Non o realizaremos na súa totalidade […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Ruta pola serra do Suído

Visitamos novamente a Serra do Suído, pero desta volta por outra zona ben diferente, pois desprazámonos ata a fermosa parroquia de A Laxe, no concello de Fornelos de Montes, onde comenzamos a nosa andaina circular por esta zona da serra. O percorrido é variado, ten zonas boscosas á beira do río, zonas altas que nos permiten […]

Ruta do río Chanca e ruta da Pedra e da Auga

Unha boa opción para este setembro que estamos a ter é visitar a zona de O Salnés. Primeiramente paramos en Cambados a tomar o café e facer unha visita rápida, casi obrigada, ao cemiterio de Santa María. Despois desprazámonos ata a parroquia de Lores, onde comeza a ruta. O percorrido une dous sendeiros homologados: o […]

Illa de Cortegada

Situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla, fronte ás costas de Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, é a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no Parque nacional das Illas Atlánticas, sendo o arquipélago máis resgardado dos catro que […]

Ruta polo Cabo Udra

Que gañas tiña de facer unha ruta pola costa! E que mellor que ir a un dos espazos naturais máis interesantes da provincia de Pontevedra: o cabo Udra (clasificado como ZEC: zona de especial conservación, polos seus interesantes valores naturais). Lonxitude: 13 km Desnivel: baixo-medio Dificultade: media Despois de dar unha volta por Bueu e pola […]

Monte Xiabre. Ruta Nocturna

  Lonxitude: 13 km aprox. Desnivel: medio (principalmente de baixada) Dificultade: media-baixa As valoracións sobre a dificultade están feitas para unha ruta diurna, a iso hai que engadirlle a dificultade que ten o camiñar pola noite. É imprescindible levar linterna e algún elemento reflector. Saímos de Santiago a primeira hora da tarde e, logo de tomar o […]

Ruta polo Monte Cepudo

Lonxitude da ruta: 17 km  aprox. Desnivel: medio Dificultade: media-baixa Nesta ocasión visitamos o monte Cepudo, moito máis coñecido na bisbarra de Vigo como Monte Alba, pois alberga no seu cumio unha pequena ermida adicada á virxe da Alba. É un monte de alturas discretas, pois só acada os 500 m de altitude, pero ao estar tan […]

Polas Fragas e levadas dos ríos Calvo e Deva. PR-G165

A de hoxe presentábase como unha xornada festeira, pois tiñamos reservado para Suso unha serie de sorpresas, por isto de celebrar as súas 151 andainas coa USC, e que lle fomos dando ao longo do día… e comezamos ben cedo! Recibiunos o bus que nos leva por Galicia adiante ben engalanado de guirnaldas e cunha […]

Xeira do MPG: Por terras de Covelo

As socias e socios do Museo do Pobo Galego fixemos unha nova xeira este outono e fomos ata terras de Covelo, na comarca da Paradanta, cun programa ben apretado e suxerente. Covelo atópase no extremo meridional da extensa cadea montañosa coñecida como a Dorsal Galega. Estamos pois nunha área de media montaña, a Serra do Suído, que durante séculos […]

Ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño

Aproveitando a celebración de San Tomé de Aquino na Universidade, algún incondicional do sendeirismo como Xerardo, Suso, Manolo ou eu, e algún máis como Jaime, Manolo e Alejandro, desprazámonos ata Cans, en Ponteareas e fixemos a ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño que o Xerardo tiña gañas de facer dende hai tempo, unha combinada, […]