Arquivos da categoría: Nogueira de Ramuín

Camiño da Amargura

Unha vez máis, volvemos á Ribeira Sacra, e de novo ao concello de Nogueira de Ramuín, onde a asociación Móvete por Nogueira nos convocou á inauguración dunha nova ruta de sendeirismo, o Camiño de Amargura. O nome non parece moi acaído para unha ruta de sendeirismo, pero ten a súa explicación. Fai alusión aos penados da Inquisición […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Ruta do Farricoque

Regresamos ao concello de Nogueira de Ramuín, enclavado en plena Ribeira Sacra, para facer un percorrido coñecido como a ruta do Farricoque. En realidade non imos facer o percorrido completo e ímolo adaptar un pouco ás nosas necesidades. Lonxitude: 17 km Desnivel: medio (forte en puntos concretos) Dificultade: media Track GPS da ruta do Farricoque […]

Ruta do Contrabando

No pasado abril fixemos unha fermosa ruta no concello de Nogueira de Ramuín, a de Maquino Largaño, dende Luintra ata o Mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil, e quedara marabillado con ela. A  Ribeira Sacra representa un dos lugares máxicos de Galicia. Da igual que percorramos a conca do Miño ou a do Sil, […]

Ruta de Maquino Largaño

  Lonxitude: 16 km Desnivel: medio Dificultade: media O concello de Nogueira de Ramuín ten unha marabillosa ruta sinalizada, circular, que percorre os puntos de interese máis importantes do concello: bosques, aldeas, o Sil, San Estevo…. É a ruta de Maquino Largaño, que na lingua dos afiadores, o barallete, significa Camiño Longo, pois esta comarca […]