Arquivos da categoría: Lugo

Courel. Ruta de Valdomir a Vilamor

Fin de semana no Courel! Desprazámonos a unha das xoias do noso patrimonio natural: A Serra do Courel. Terra do Courel, aspra e forte, de inxente beleza… Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas… Á lus do candil, 1953. Anxel Fole. Aloxámonos no albergue de Folgoso do Courel, que dispón de habitacións para […]

Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense II

Estou abraiado por tanto interés que amosáchedes moitas e moitos de vós ao notardes a miña ausencia neste roteiro, e dicirvos que recibín moitas mensaxes, chamadas, correos… moi agarimosos. Mágoa de non poder percorrer con vós este último tramo do sendeiro entre Vilar de Mouros a Augas Mestas, pero a súa exixencia obrigoume a desbotar de facelo […]

Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense I

Esta ruta estaba prevista que fora a primeira do ano, pero houbo que aprazala pola cicloxénexe explosiva anunciada para o 19 de xaneiro e hoxe, por fin, pudemos realizala. Forma parte do sendeiro homologado PR-G157, Doade-Augasmestas. Lonxitude da ruta: 14 km Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta de Doade Vilar de Mouros (Comprimida).zip […]

Serra do Oribio

O monte Oribio é unha xoia case descoñecida, un dos nosos tesouros naturais e paisaxísticos. Está situado moi preto do Courel. A ruta levounos dende Triacastela ata o cumio, onde pudemos gozar dunhas panorámicas marabillosas. É un bo ascenso, pois compre ter en conta que o cumio está a 1.442 metros de altitude. Os camiños […]

Courel. Devesa da Rogueira

O domingo fixemos un pequeno traxecto de ida e volta pola Devesa da Rogueira, na aldea de Moreda, un dos bosques autóctonos máis importantes da península. A devesa é un dos montes máis característicos do Courel e principal reserva biolóxica, cuns tres quilómetros cadrados de bosque primario. Sitúase na vertente norte do monte Formigueiros, con accesos doados […]

Courel. Ruta do Val do río Pequeno

Esta fin de semana fun ao Courel! unha boa estadía outonal por esas terras que tan ben describiu e poetizou Uxío Novoneyra. Un grupo de amigos que frecuentan os roteiros da USC, ademáis de Ánxeles, Paché e Suso, fomos desfrutar dun par de días polo Courel; tendo como posto base Seoane do Courel, Savane para moitos, aloxámonos en […]

Ruta polos socalcos de Belesar

O percorrido que fixemos está inspirado nun itinerario do usuario jesussimon, que ten colgado da web de Wikiloc. Por se alguén non o sabe, neste sitio web compártense as rutas de diferentes camiñantes e sendeiristas, ciclistas… de todo o mundo, con descricións, mapas, fotos, comentarios… sen dúbida un bó recurso para todos nós. Lonxitude da […]

De Ribadeo á praia das Catedrais

Desta vez desprazámonos ata a Mariña Oriental, ao concello de Ribadeo para facer a Ruta que vai de Ribadeo á Praia de Augasantas (praia das Catedrais), todo pola costa. A intención é facer nesta tempada a costa de Lugo e ter case completada toda a costa galega. Lonxitude da ruta: 22  km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: media (os camiños […]

Ruta de Quintá-Río Donsal

A ruta transcorre integramente polo concello de Becerreá e foi sinalizada e preparada pola Asociación Castaño y Nogal. O seu itinerario está sinalizado, eu diría que de máis, polo que non é necesario dispor de GPS para percorrela, anque sempre é unha axuda. Lonxitude da ruta: 16 km aprox. Desnivel: medio (principalmente de baixada) Dificultade: media (pode haber […]

Serra do Xistral

Sendeirismo pola Serra do Xistral

Nesta ocasión desprazámonos para disfrutar da Serra do Xistral, macizo montañoso septentrional que separa a Terra Cha do mar. Esta Serra ocupa 22.964 ha e a súa altura máxima son os 1046 m do Cadramón. A paisaxe está case deshabitada, mantendo só pequenas aldeas e nos seus prados crianse cabalos e vacas en estabulación libre. É a zona […]

Ponte de Barxa de Lor, paso do Camiño de inverno cara a Compostela.

Sendeirismo na Pobra do Brollón

Fermosísimo percorrido por este concello do sur de Lugo, situado no límite xeográfico da serra do Caurel. Lonxitude : 20 Km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS Pobra de Brollón (Comprimido).zip Este sábado fómonos ata a Terra de Lemos, e máis concretamente á Pobra do Brollón, un concello cunha superfice de 174 Km², pertencente […]

Nacemento do Miño. Serra de Meira e A Pastoriza

Comezamos a andaina no concello de Meira e rematámola no sur do concello da Pastoriza, na área recreativa de Baltar. Parte do sendeiro, no tramo da Pastoriza, está sinalizado e forma parte da rede galega de sendeiros homologados, o PR-G-153, e ten un alto interese paisaxístico e natural. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: baixo […]

Ruta da Pena Guímara

O segundo día de estancia na Fonsagrada, domingo 19, e despois de dar conta dun bo almorzo no Hotel Fonte Sacra, fixemos a ruta de tipo circular da Pena Guímara, adentrándonos na zona de Rede Natura 2000 Fraga de Carballido que é unha enorme extensión de bosque autóctono que se atopa nun excepcional estado de conservación e cunha gran diversidade florística. […]

Camiño da República

A terceira fin de semana de xuño fomos camiñar ata o concello da Fonsagrada, situado en pleno corazón das serras orientais de Galicia e enmarcado nunhas inmellorables paraxes de montaña que constitúen unha fronteira natural con Asturias, onde fixemos un par de rutas verdadeiramente recomendables. Que pouco coñecemos o interior do noso país! Estivemos aloxados en […]

Castelo de Pambre e Torrentes do Mácara

Percorrido polas terras altas do Ulla e Castelo de Pambre Sábado, 11.06.2011. Lonxitude da ruta: 12/13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (algún tramo rochoso e esvaradizo no río) Track Pambre (comprimido).zip Este percorrido pola Ulloa iniciámolo no mesmo Castelo de Pambre, o cal visitamos pois estaba recente a súa apertura ao público por parte […]

Vilela. Serra do Farelo

Lonxitude da ruta: 16 km aprox. Desnivel: baixo-medio Dificultade: media (é frecuente que a lama sexa abondosa nesta ruta) Track Vilela_Farelo_comprimido.gpx.zip O itinerario que fixemos hoxe está inspirado nunha ruta que aparece no libro Senderos y caminos. 35 rutas inéditas por Galicia, de Miguel Alvarez Soaje. Así que vaia por diante o noso agradecemento ao […]