Arquivos da categoría: Folgoso do Courel

Courel. Ruta da Devesa da Rogueira

Xa vai alá un ano dende que estiven na Devesa da Rogueira, á que accedéramos daquela desde o Alto do Couto. Desta vez variamos e fixémolo desde Moreda.  Lonxitude da ruta: 10  km aprox. Desnivel: medio (tanto de subida coma de baixada) Dificultade: media-alta MIDE A Devesa da Rogueira Track GPS Devesa da Rogueira (Comprimido).zip Erguémonos cedo, pois […]

Courel. Ruta de Valdomir a Vilamor

Fin de semana no Courel! Desprazámonos a unha das xoias do noso patrimonio natural: A Serra do Courel. Terra do Courel, aspra e forte, de inxente beleza… Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas… Á lus do candil, 1953. Anxel Fole. Aloxámonos no albergue de Folgoso do Courel, que dispón de habitacións para […]

Courel. Devesa da Rogueira

O domingo fixemos un pequeno traxecto de ida e volta pola Devesa da Rogueira, na aldea de Moreda, un dos bosques autóctonos máis importantes da península. A devesa é un dos montes máis característicos do Courel e principal reserva biolóxica, cuns tres quilómetros cadrados de bosque primario. Sitúase na vertente norte do monte Formigueiros, con accesos doados […]

Courel. Ruta do Val do río Pequeno

Esta fin de semana fun ao Courel! unha boa estadía outonal por esas terras que tan ben describiu e poetizou Uxío Novoneyra. Un grupo de amigos que frecuentan os roteiros da USC, ademáis de Ánxeles, Paché e Suso, fomos desfrutar dun par de días polo Courel; tendo como posto base Seoane do Courel, Savane para moitos, aloxámonos en […]