Arquivos da categoría: Grao de dificultade da ruta

De Santa Mariña a Dumbría. Camiño de Fisterra

Datos técnicos Unha nova etapa do Camiño de Fisterra, a terceira para nós. A semana pasada decidimos alongar un pouco o número de xornadas do camiño ata Fisterra, polo que unha vez chegados a Hospital imos continuar cara a Dumbría, quedándonos para despois da Pascua a etapa ata Muxía, que se vai consolidando aos poucos […]

Ruta polo Irixo

Datos técnicos da ruta Imos ata o concello do Irixo a facer un sendeiro homologado moi fermoso, o PR-G 189 Ruta dos castros do Irixo que vai por zonas rurais, entre carballeiras, corredoiras, regatos, castros, muíños… Este itinerario do PRG comeza no Irixo de Arriba e remata en Saavedra, pero nós imos completalo facéndoo circular comezando […]

De Negreira a Santa Mariña. Camiño de Fisterra

Datos técnicos O longo percorrido desta segunda etapa, dende a conca do río Tambre á do Xallas en Olveiroa decidimos facela só ata Santa Mariña, xa no concello de Mazaricos, e dedicar a tarde a coñecer a fermosa Fervenza de Chacín, polo que deixamos de camiñar a última parte do percorrido, de Santa Mariña a Olveiroa. […]

Camiño dos Arrieiros

Datos técnicos da ruta Track GPS do Camiño dos Arrieiros Track GPS do Camiño dos Arrieiros (Comprimido) Mapa da ruta do Camiño dos Arrieiros MIDE Track GPS do Camiño dos Arrieiros Lonxitude: 15 km Desnivel: medio Dificultade: media O cantar dos arrieiros éche un cantar moi baixiño, ai, la cántano en Ribadavia resoa no Carballiño, […]

Costa de Ferrol. De Covas a Valdoviño

Datos técnicos da ruta Lonxitude: 19 km Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño (Comprimido) Mapa da ruta de Prior a Valdoviño MIDE Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño. Santa Combiña Bendita ten un navío no mar; quen cho dou, […]

Sendeiro de Pelamios. PR-G 194

Datos técnicos da ruta Mapa do Sendeiro de Pelamios. MIDE da ruta do Sendeiro de Pelamios. Track GPS da ruta do Sendeiro de Pelamios. Track GPS da ruta do Sendeiro de Pelamios (Comprimido). Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio-baixo Dificultade: media A ruta non ten maiores dificultades salvo un pequeno tramo do río, […]

Ruta do río Bardoso

Tiñamos programada esta ruta para o venres 27, pero por diversas causas houbo que adiantala a hoxe. A idea é chegar a Cumiáns, parroquia de Montemaior, no concello da Laracha, e achegarnos ata a casa familiar dos avós paternos de Belén onde nos agardan os seus curmáns Chucho e María José, que nos teñen preparado un programa […]

De Santiago a Negreira. Camiño de Fisterra

Quedamos ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, K0 do Camiño de frechas a Fisterra e Muxía (anque para min este camiño comeza na mesma praza do Obradoiro), pois a idea é facer a primeira etapa que remata en Negreira. A maioría xa fixo este percorrido en anteriores ocasións, polo que desta vez imos […]

Ruta do Contrabando

No pasado abril fixemos unha fermosa ruta no concello de Nogueira de Ramuín, a de Maquino Largaño, dende Luintra ata o Mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil, e quedara marabillado con ela. A  Ribeira Sacra representa un dos lugares máxicos de Galicia. Da igual que percorramos a conca do Miño ou a do Sil, […]

De Laxe a Camelle. Camiño dos Faros

Continuamos a nosa particular andaina polo Camiño dos Faros. Pode que esta etapa sexa unha das de maior beleza de todo o itinerario, pois ten un alto interese natural e, aínda que vai todo o tempo pola costa, ten unha enorme variedade de paisaxes, o que incrementa o seu interese. Comeza o percorrido en Laxe, […]

Costa de Dexo

O Monumento Natural da costa de Dexo-Serantes, no Concello de Oleiros, foi declarado o 31 de marzo de 2001 como recoñecemento a un conxunto de valores ambientais que, igualmente, levaron a este espazo a ser incluído na listaxe galega de Lugares de Importancia Comunitaria (Rede Natura 2000). Ademais forma parte da Zona Núcleo da Reserva […]

Ruta da Brañina

A ruta comeza en Rabanal de Abajo, a 3,5 km de Villablino, polo que se pode facer perfectamente dende esta vila. É unha ruta esixente, con forte desnivel, tanto de subida como de baixada. Transcorre entre unha das zonas boscosas máis interesantes da bisbarra debido á extensión da mesma e o seu estado de conservación. Ten […]