Arquivos da categoría: Grao de dificultade da ruta

Ruta de Sobrado (Pobra de Trives)

Nesta fin de semana viaxamos ás terras de Trives. A Pobra de Trives está situada na zona interior da provincia de Ourense, na alta montaña. O seu territorio presenta grandes contrastes e está dominado polos cumes de Manzaneda. Trátase dun terreo escarpado con cumes de ata 1500 metros polo sur, na Serra de Queixa; estas montañas van […]

Ruta por Fisterra

  Carballo verde, loureiro, carballo verde, loureiro: na terra donde me encontro é a parroquia de Sardiñeiro! Sábado, 12/11/2011 Lonxitude da ruta:  21,5 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (a dificultade ven dada pola lonxitude da ruta e o desnivel) Track GPS Fisterra (Comprimido).zip A ruta comezou en Sardiñeiro, terra natal de Suso, onde ao baixar do […]

Pontes do Lérez (Forcarei)

  O sábado 29 de outubro de 2011, fomos de sendeirismo a Forcarei polas pontes do Río Lérez, unha ruta que forma parte da rede de sendeiros homologados de Galicia (PR-G 113). Lonxitude: 14 km aprox. Desnivel: baixo-medio (sobre todo de baixada) Dificultade: media-baixa (algúns puntos do camiño poden estar esvaradíos) Track GPS Pontes do Lerez (comprimido).zip Comezamos cunha […]

Roteiro por Compostela. Polos parques e xardíns de Compostela

Santiago conta con 2.200.000 metros cadrados de espazos verdes. As maiores superficies localízanse perto de lugares urbanizados como Fontiñas ou a Alameda, con 85000 m². A Almáciga, Bonaval e o Campus norte son outras das grandes superficies arboladas que invitan ao paseo. O martes 18, fixemos un interesante percorrido por parte dos parques e xardíns […]

Ascenso ao Monte Enxa (Porto do Son)

  O Sábado 15/10/2011 fixemos o ascenso ao Monte Enxa en Porto do Son. Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio (forte nalgúns puntos, tanto subindo como baixando) Dificultade: media (polos tramos de forte pendente) Track GPS Monte Enxa (Comprimido).zip Unha ruta circular de alto interese paisaxístico, que comezamos na vila de Porto do Son (despois dun […]

Roteiro polo Tambre. De San Xoán de Fecha a Ponte Alvar

Neste roteiro aínda de verán (disque de San Miguel), fomos ata a aldea de San Xoán de Fecha. Unha vez que chegamos ao encoro de San Xoán de Fecha, percorremos o tramo do Tambre río arriba, ata chegar a Ponte Alvar. Neste percorrido o Tambre discorre máis encaixado, pero aínda son abondosas as zonas de bosque. Unha vez chegados a […]

Illa de Ons

O 25 de setembro de 2011 tivemos unha actividade especial, un regalo, fomos de sendeirismo á illa Ons! Lonxitude da ruta: 14,3 km aprox. Desnivel: baixo. Dificultade: baixa-media Ruta da illa de ONS (Comprimido).zip Visitamos as illas Ons no Parque Nacional das Illas Atlánticas, único espazo desta categoría en toda Galicia. Viaxamos en autobús ata Portonovo e unha […]

Esteiro. Pedra do Cadro

Sábado, 24 de setembro de 2011 Lonxitude: 13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS Esteiro Pena do Cadro (Comprimido).zip Logo de tomar o café e de reagruparnos no mesmo Esteiro, iniciamos a ruta de percorrido circular e, pouco a pouco, fomos subindo ata chegar ao cumio da Pedra do Cadro. Xusto ao comezar […]

Roteiro por Compostela. Monte Viso

Mes intenso este de setembro. A Universidade de Santiago retomou con forza o seu programa de rutas de sendeirismo en diversos lugares da xeografía galega e de Rutas por Compostela A primeira camiñada por Ponteceso. O seguinte sábado o percorrido será polos montes de Esteiro e a Pedra do Cadro. As Rutas por Compostela non ían ser menos! Como […]

Refuxio de Verdes a Anllóns (Ponteceso)

O Sábado, 17 de setembro de 2011, fomos percorrer parte do río Anllóns case no seu tramo final. O río Anllóns nace nos montes de Xalo, e desemboca na ría de Corme e Laxe. Percorre 54,4 km dos concellos de Cerceda, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños. Foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria no 2001. […]

De Ponteceso ao Castro de Borneiro

… Polo chan de Borneiro, de cativos pinales, cuase pasaba arrentes, do dolmen de Dombate … Eduardo Pondal Sábado, 9 de xullo de 2011 Lonxitude da ruta: 12 km aprox. Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Track GPS Ponteceso-Borneiro (Comprimido).zip A maior parte da ruta discorreu polo concello de Cabana, pois en Ponteceso demos un pequeno paseo pola vila […]

Roteiro polo Tambre. De San Pedro de Busto a Ponte de Chaián

O mércores, 22/06/2011, continuamos o percorrido polo río Tambre, dentro do termo municipal de Santiago e antigo concello de Enfesta. Lonxitude: 10 km aprox. Dificultade: baixa Desnivel: baixo Comezamos o roteiro en San Pedro de Busto e dirixímonos cara o río Tambre pasando pola aldea de Vilariño. Unha vez chegados ao río rodeamos o Petón […]

Ruta da Pena Guímara

O segundo día de estancia na Fonsagrada, domingo 19, e despois de dar conta dun bo almorzo no Hotel Fonte Sacra, fixemos a ruta de tipo circular da Pena Guímara, adentrándonos na zona de Rede Natura 2000 Fraga de Carballido que é unha enorme extensión de bosque autóctono que se atopa nun excepcional estado de conservación e cunha gran diversidade florística. […]

Camiño da República

A terceira fin de semana de xuño fomos camiñar ata o concello da Fonsagrada, situado en pleno corazón das serras orientais de Galicia e enmarcado nunhas inmellorables paraxes de montaña que constitúen unha fronteira natural con Asturias, onde fixemos un par de rutas verdadeiramente recomendables. Que pouco coñecemos o interior do noso país! Estivemos aloxados en […]

Castelo de Pambre e Torrentes do Mácara

Percorrido polas terras altas do Ulla e Castelo de Pambre Sábado, 11.06.2011. Lonxitude da ruta: 12/13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (algún tramo rochoso e esvaradizo no río) Track Pambre (comprimido).zip Este percorrido pola Ulloa iniciámolo no mesmo Castelo de Pambre, o cal visitamos pois estaba recente a súa apertura ao público por parte […]

Ruta das Esquivadas

Logo da pantagruélica cea, co almorzo pasounos algo parecido: froita variada, torradas, marmelada, margarina e bica con café con leite, cacao…. pero había que coller forzas para enfrontarnos ao monte das Esquivadas. Viva Casa Gerardo!! Ruta de As Esquivadas Domingo, 22/05/2011. Lonxitude: 15 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Chandrexa de Queixa 2 Comprimido.zip Comezamos […]

Roteiro polo Tambre. De Sigüeiro a San Pedro de Busto

Disfrutando do bo tempo que estamos a ter, onte comezamos un roteiro polo río Tambre, entre a zona de Sigüeiro (A Barciela) e San Pedro de Busto. A idea é percorrer nesta época o Tambre polo termo municipal de Santiago, dende Sigüeiro ata San Xoán de Fecha. 27/04/2011 Lonxitude da ruta: 10-12  km Desnivel: baixo Dificultade: baixa  

Roteiro por Compostela. Sarela de Abaixo O Pedroso

 Xoves, 14/04/2011 Lonxitude da ruta: 8  km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: media-baixa Comezamos no mes de abril a tempada de roteiros pola cidade de Santiago, coa intención de ir descubrindo rincóns do concello descoñedidos e pasar unha tarde agradable e en boa compaña. Pequeno roteiro por Compostela, duns oito quilómetros que, partindo dende a Carballeira de San Lourenzo, […]