Arquivos da categoría: Medio

Ruta da Pena Guímara

O segundo día de estancia na Fonsagrada, domingo 19, e despois de dar conta dun bo almorzo no Hotel Fonte Sacra, fixemos a ruta de tipo circular da Pena Guímara, adentrándonos na zona de Rede Natura 2000 Fraga de Carballido que é unha enorme extensión de bosque autóctono que se atopa nun excepcional estado de conservación e cunha gran diversidade florística. […]

Castelo de Pambre e Torrentes do Mácara

Percorrido polas terras altas do Ulla e Castelo de Pambre Sábado, 11.06.2011. Lonxitude da ruta: 12/13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (algún tramo rochoso e esvaradizo no río) Track Pambre (comprimido).zip Este percorrido pola Ulloa iniciámolo no mesmo Castelo de Pambre, o cal visitamos pois estaba recente a súa apertura ao público por parte […]

Ruta das Esquivadas

Logo da pantagruélica cea, co almorzo pasounos algo parecido: froita variada, torradas, marmelada, margarina e bica con café con leite, cacao…. pero había que coller forzas para enfrontarnos ao monte das Esquivadas. Viva Casa Gerardo!! Ruta de As Esquivadas Domingo, 22/05/2011. Lonxitude: 15 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Chandrexa de Queixa 2 Comprimido.zip Comezamos […]

Vilela. Serra do Farelo

Lonxitude da ruta: 16 km aprox. Desnivel: baixo-medio Dificultade: media (é frecuente que a lama sexa abondosa nesta ruta) Track Vilela_Farelo_comprimido.gpx.zip O itinerario que fixemos hoxe está inspirado nunha ruta que aparece no libro Senderos y caminos. 35 rutas inéditas por Galicia, de Miguel Alvarez Soaje. Así que vaia por diante o noso agradecemento ao […]

Muíños do Folón e do Picón

Ruta polos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal) Sábado, 26/02/2011 Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track Folón Comprimido.zip Comezamos a camiñar na Ponte das Penas aproveitando o sendeiro sinalizado dos Muíños do Folón, durante un bo treito fomos vendo unha enorme cantidade de muíños restaurados, practicamente ata chegar […]