Arquivos da categoría: Medio-baixo

Ruta de Cornatel e Ferradillo

O domingo 25 desprazámonos dende as Médulas ata o cercano castelo de Cornatel, e alí comezamos unha fermosa ruta que nos levou ata Ferradillo, no termo municipal de Priaranza del Bierzo. Lonxitude da ruta: 13  km aprox. Desnivel: medio-baixo Dificultade: media-baixa Track GPS Cornatel e Ferradillo (Comprimido).zip Na época da repoboación, a zona das Médulas adquire novamente certa importancia. As […]

Ruta polas Médulas e o seu entorno

Como me gustan as rutas de fin de semana, e estas foron das que se saborean de verdade! Fomos ata as Médulas, lugar pertencente ao municipio de Carucedo, na Comarca do Bierzo, e estivemos aloxados en réxime de media pensión no Hotel Medulio (con boas instalacións, pero a atención podía estar mellor…). Lonxitude da ruta: 15  km aprox. […]

Ruta polos socalcos de Belesar

O percorrido que fixemos está inspirado nun itinerario do usuario jesussimon, que ten colgado da web de Wikiloc. Por se alguén non o sabe, neste sitio web compártense as rutas de diferentes camiñantes e sendeiristas, ciclistas… de todo o mundo, con descricións, mapas, fotos, comentarios… sen dúbida un bó recurso para todos nós. Lonxitude da […]

Ruta pola Lagoa de Antela e os Montes de Cerredelo

Como xa comentei no roteiro de onte, estamos na Limia Alta, ao sur da provincia de Ourense, onde había ata finais dos anos 50 a máis extensa lagoa de auga doce (42 km²) da Península Ibérica, a Lagoa de Antela, a 611 m sobre o nivel do mar. Coñecida tamén como Lago Beón, en referencia ao xunco […]

Detalle na Laxe dos Carballos

Campo Lameiro. Parque Arqueolóxico e Roteiro polos ríos Maneses e Lérez

Lonxitude da ruta: 11 km aprox. (3 dentro do Parque e 8 polos ríos Maneses e Lérez) Desnivel: medio-baixo Dificultade: media-baixa (a dificultade ven dada polo terreo irregular) Track GPS Campo Lameiro Comprimido.zip Comezamos a xornada visitando o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), situado en Campo Lameiro (Pontevedra), que dende xullo de 2011 pretende ser […]

Pontes do Lérez (Forcarei)

  O sábado 29 de outubro de 2011, fomos de sendeirismo a Forcarei polas pontes do Río Lérez, unha ruta que forma parte da rede de sendeiros homologados de Galicia (PR-G 113). Lonxitude: 14 km aprox. Desnivel: baixo-medio (sobre todo de baixada) Dificultade: media-baixa (algúns puntos do camiño poden estar esvaradíos) Track GPS Pontes do Lerez (comprimido).zip Comezamos cunha […]

Illa de Ons

O 25 de setembro de 2011 tivemos unha actividade especial, un regalo, fomos de sendeirismo á illa Ons! Lonxitude da ruta: 14,3 km aprox. Desnivel: baixo. Dificultade: baixa-media Ruta da illa de ONS (Comprimido).zip Visitamos as illas Ons no Parque Nacional das Illas Atlánticas, único espazo desta categoría en toda Galicia. Viaxamos en autobús ata Portonovo e unha […]

Refuxio de Verdes a Anllóns (Ponteceso)

O Sábado, 17 de setembro de 2011, fomos percorrer parte do río Anllóns case no seu tramo final. O río Anllóns nace nos montes de Xalo, e desemboca na ría de Corme e Laxe. Percorre 54,4 km dos concellos de Cerceda, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños. Foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria no 2001. […]

De Ponteceso ao Castro de Borneiro

… Polo chan de Borneiro, de cativos pinales, cuase pasaba arrentes, do dolmen de Dombate … Eduardo Pondal Sábado, 9 de xullo de 2011 Lonxitude da ruta: 12 km aprox. Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Track GPS Ponteceso-Borneiro (Comprimido).zip A maior parte da ruta discorreu polo concello de Cabana, pois en Ponteceso demos un pequeno paseo pola vila […]

Camiño da República

A terceira fin de semana de xuño fomos camiñar ata o concello da Fonsagrada, situado en pleno corazón das serras orientais de Galicia e enmarcado nunhas inmellorables paraxes de montaña que constitúen unha fronteira natural con Asturias, onde fixemos un par de rutas verdadeiramente recomendables. Que pouco coñecemos o interior do noso país! Estivemos aloxados en […]

Roteiro por Compostela. Sarela de Abaixo O Pedroso

 Xoves, 14/04/2011 Lonxitude da ruta: 8  km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: media-baixa Comezamos no mes de abril a tempada de roteiros pola cidade de Santiago, coa intención de ir descubrindo rincóns do concello descoñedidos e pasar unha tarde agradable e en boa compaña. Pequeno roteiro por Compostela, duns oito quilómetros que, partindo dende a Carballeira de San Lourenzo, […]

Excursión MPG: Traba, Camelle, Batáns do Mosquetín, Torres de Allo

Xeira de socias e socios do Museo do Pobo Galego á Costa da Morte o sábado 12/03/2011.   Camelle non é Camelle que é un porto de mar: onde navega o meu amante, onde o vin navegar Primeiramente, visitamos a igrexa parroquial de Santiago de Traba, no corazón do val de Traba e onde se celebra unha […]