Arquivos da categoría: Medio-baixo

Ruta de Peña Redonda. Percorrido polo Douro e visita a Miranda do Douro

Ruta de Peña Redonda A ruta do sábado foi a máis longa das que se fixeron. Comeza na vila de Torregamones, a 3 quilómetros de Moralina, e vai ata Peña Redonda, un dos miradoiros máis fermosos e impresionantes dos Arribes do Douro. Lonxitude: 16 km Dificultade: Baixa-Media Desnivel: Baixo-Medio O percorrido lévanos por unha cómoda pista ata Os […]

Roteiro de fin de ano polos Montes de Oleirón

A derradeira ruta de 2014 fixémola moi pertiño da casa, entre os concellos de Brión e Rois, pois volvemos celebrar o fin de ano camiñando! Lonxitude da ruta: 7-8 km Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Nesta ocasión imos aos Montes de Oleirón, a uns quince quilómetros de Santiago, moi perto de Bertamiráns. Son unha serie de […]

Xeira do MPG: Por terras de Covelo

As socias e socios do Museo do Pobo Galego fixemos unha nova xeira este outono e fomos ata terras de Covelo, na comarca da Paradanta, cun programa ben apretado e suxerente. Covelo atópase no extremo meridional da extensa cadea montañosa coñecida como a Dorsal Galega. Estamos pois nunha área de media montaña, a Serra do Suído, que durante séculos […]

De Compostela ás Torres de Altamira

Quedamos o Antón, Jaime e mais eu ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, quilómetro 0 do camiño a Fisterra e Muxía, pois a nosa idea era pasar a mañá, a ser posible polo monte, cara ás Torres de Altamira e alí parada para o bocadillo e despois buscar unha baixada polo monte cara a Bertamiráns, onde Jaime deixara o coche o día anterior, e volta para casa […]

Ruta por Caminha

Viaxamos ata Caminha, importante concello do norte de Portugal, para facer unha pequena ruta que nos levou ata a Cruz de Moledo. Lonxitude da ruta: 14 km aprox. Desnivel: medio-baixo. Dificultade: media-baixo.  mide Caminha [pdf – 84 kb][Actualizado: 27/5/14] A ruta comeza na vila de Caminha, percorrendo o paseo xunto ao río que vai ata a praia […]

Ruta dos tres pazos

Organizou Manolo tan ben o roteiro por Brión en novembro pasado, que o comprometimos para que nos fixera outra andaina polas terras barcalesas e cumpriu, vaia se cumpriu! Hoxe fomos camiñar ben perto de Santiago, xa que nos desprazamos ata o concello de Negreira para percorrer a denominada por Manolo Ruta dos Tres Pazos, pois visitamos […]

Camiño de San Rosendo IV. De Celanova a Parderrubias

Con este percorrido completamos o camiño entre Santa Comba de Bande e a cidade de Ourense, que comezamos en febreiro do ano pasado. Antes de comezar a xornada, non me resistín ir visitar de novo o impresionante claustro de San Salvador, o que aproveito para comentaros un acontecemento que me lembrou a andarina Carmen, pois […]

Roteiro Fin de Ano. A Pedra Serpal

A derradeira ruta de 2013! A pesares de non termos unhas previsións meteorolóxicas que invitasen ir camiñar, coma sempre, saímos de Santiago ás nove da mañá dende a piscina universitaria, e chegamos ao mesmo lugar un pouco antes das duas da tarde, pois hai que cumprir coa familia nun día tan sinalado! Lonxitude da ruta: 7 […]

Ruta por Mesía

Lonxitude da ruta: 14 km Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Mide da ruta de Mesía Track GPS Ruta Mesia PR-G117 (Comprimido)..zip Desta vez fomos ata o cercano concello de Mesía. Comezamos a xornada desprazándonos ata Xanceda, onde facemos unha visita á Casa Grande de Xanceda, interesante granxa de elaboración de produtos lácteos ecolóxicos. A visita prolongouse […]

Visita ao Val Miñor dos socios do MPG

Os socios do Museo do Pobo Galego viaxamos este sábado, 16 de novembro, ata o Val Miñor para coñecer aos amigos do Instituto de Estudos Miñoranos e o seu amplo e interesante labor de difusión cultural e recuperación do patrimonio. Recibíronnos na Aula de Cultura Ponte de Rosas, onde presentamos o nº 7 de ADRA, […]

Roteiro por Brión

Este día de Santos fomos facer un roteiro polo concello de Brión, máis concretamente polas parroquias de Óns e Viceso, cuns camiños, á beira do Tambre, doados de andar e que permiten tomar distintas opcións por se optamos por un percorrido máis ou menos longo, podéndote mover ao chou, sen medo a perderse. Nós fixemos en total […]

Ruta nocturna por Fisterra

Este sábado fixemos unha engaiolante andaina nocturna en Fisterra, ao cabo da fin do mundo. Lonxitude da ruta: 11 km Desnivel: baixo-medio (tanto de subida como de baixada) Dificultade: baixa- media MIDE da ruta nocturna de Fisterra Track GPS da ruta nocturna de Fisterra (Comprimida).zip Saímos cedo, pola tarde, para aproveitar o tempo antes do […]

Ruta da Costa Naviega

Nesta última fin de semana de xuño fomos percorrer parte da fermosa costa occidental asturiana, e para iso desprazámonos ata Navia. Estivemos aloxados en réxime de media pensión no hotel Palacio Arias, en cuartos dobres. Lonxitude da ruta: 14 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: baixa-media Track GPS Navia Puerto de Vega (Comprimido).zip Antes de instalarnos […]

Semana Santa en Sanabria. Ruta do Teixedelo

Poño encantado as andainas que fixeron os compañeiros durante os días de Semana Santa (como se as fixera eu), que se desprazaron ata terras de Zamora para coñecer uns dos máis espectaculares parques naturais da península, o Parque natural de Sanabria. A súa flora, a fauna e a súa morfoloxía esculpida polos glaciares do cuaternario, […]

Ruta por Agolada

Desta vez fomos ata o concello de Agolada, e tivemos unha xornada un tanto atípica, pois comezamos o día coñecendo parte da riqueza cultural deste concello e fixemos unha vista á pequena igrexa da parroquia de Ventosa, que garda unha marabillosa colección de escultura medieval única. Logo, xa en Agolada, coñecemos outro elemento do noso patrimonio cultural de […]

Camiño de San Rosendo I

Este sábado desprazámonos ata a Baixa Limia, e fomos percorrer parte do Camiño de San Rosendo, que forma parte dos Camiños Naturais habilitados polo Ministerio de Medio Ambiente. Nesta ocasión fixemos o tramo de Santa Comba ata Bande. A ruta leva o nome de San Rosendo polo Santo que se coñece como o defensor e pacificador de […]