Arquivos da categoría: Medio-baixo

Ruta do Bosque Mixto de Caboalles

Regresamos a Villablino para poder gozar desa fermosa zona montañosa leonesa quizais na estación máis interesante, o outono. Tiña os meus temores de que o outono aínda non se notara con plenitude, coma nos Ancares ou o Courel, pero xa dende que entramos no Bierzo con todas as viñas de mencía cun morado espectacular, decateime de […]

Ruta do val do río Aviouga

Imos desta vez ata o concello de Ibias, outro dos tesouros naturais de Asturias, onde fixemos un par de rutas verdadeiramente recomendables. Estivemos aloxados en réxime de media pensión no Hotel Cecos, moi preto de San Antolín, un hotel rural moi confortable e con boa oferta gastronómica. Moi recomendable. Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: Medio Dificultade: […]

Monte Xiabre. Ruta Nocturna

  Lonxitude: 13 km aprox. Desnivel: medio (principalmente de baixada) Dificultade: media-baixa As valoracións sobre a dificultade están feitas para unha ruta diurna, a iso hai que engadirlle a dificultade que ten o camiñar pola noite. É imprescindible levar linterna e algún elemento reflector. Saímos de Santiago a primeira hora da tarde e, logo de tomar o […]

Ruta a Estaca de Bares

A Estaca de Bares é un dos espazos xeográficos máis interesantes da costa galega. É o punto máis setentrional de toda a península Ibérica e tamén é un dos mellores lugares de observación de aves de toda Europa. Lonxitude da ruta: 11  km aprox. Desnivel: media-baixa Dificultade: medio-baixo A ruta comezámola na estrada que vai do […]

Ruta polo Monte Cepudo

Lonxitude da ruta: 17 km  aprox. Desnivel: medio Dificultade: media-baixa Nesta ocasión visitamos o monte Cepudo, moito máis coñecido na bisbarra de Vigo como Monte Alba, pois alberga no seu cumio unha pequena ermida adicada á virxe da Alba. É un monte de alturas discretas, pois só acada os 500 m de altitude, pero ao estar tan […]

Ruta de Peña Redonda. Percorrido polo Douro e visita a Miranda do Douro

Ruta de Peña Redonda A ruta do sábado foi a máis longa das que se fixeron. Comeza na vila de Torregamones, a 3 quilómetros de Moralina, e vai ata Peña Redonda, un dos miradoiros máis fermosos e impresionantes dos Arribes do Douro. Lonxitude: 16 km Dificultade: Baixa-Media Desnivel: Baixo-Medio O percorrido lévanos por unha cómoda pista ata Os […]

Roteiro de fin de ano polos Montes de Oleirón

A derradeira ruta de 2014 fixémola moi pertiño da casa, entre os concellos de Brión e Rois, pois volvemos celebrar o fin de ano camiñando! Lonxitude da ruta: 7-8 km Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Nesta ocasión imos aos Montes de Oleirón, a uns quince quilómetros de Santiago, moi perto de Bertamiráns. Son unha serie de […]

Xeira do MPG: Por terras de Covelo

As socias e socios do Museo do Pobo Galego fixemos unha nova xeira este outono e fomos ata terras de Covelo, na comarca da Paradanta, cun programa ben apretado e suxerente. Covelo atópase no extremo meridional da extensa cadea montañosa coñecida como a Dorsal Galega. Estamos pois nunha área de media montaña, a Serra do Suído, que durante séculos […]

De Compostela ás Torres de Altamira

Quedamos o Antón, Jaime e mais eu ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, quilómetro 0 do camiño a Fisterra e Muxía, pois a nosa idea era pasar a mañá, a ser posible polo monte, cara ás Torres de Altamira e alí parada para o bocadillo e despois buscar unha baixada polo monte cara a Bertamiráns, onde Jaime deixara o coche o día anterior, e volta para casa […]