Arquivos da categoría: Medio-alto

Ribeira Sacra. Os Peares

Que gañas tiña de volver facer unha andaina! Despois da “sequía” provocada polas alertas amarelas, laranxas… do mes pasado que, por outra banda, insisto que hai que respectar sobre todo con alertas de neve pois non hai que esquecer que a Natureza manda e pódenos poñer nun apuro ben serio; pero, por fin tivemos un regalo! […]

De Corme a Cabana de Bergantiños. Camiño dos Faros

Seguimos coñecendo a nosa costa percorrendo o Camiño dos Faros. Nesta ocasión comezamos no porto de Corme e imos ata Cabana. O percorrido vai por zonas de alto interese paisaxístico como por exemplo o estuario do Anllóns, e pasa pola vila de Ponteceso. O día foi perfecto para facer este tramo, pois regalounos unha espléndida temperatura, sen vento e […]

Ruta polo Parque Natural de Fragas do Eume

Desprazámonos desta vez ata As Neves, capital municipal do concello da Capela, para facer unha das rutas que paga a pena facer en Galicia, pois ímonos adentrar no Parque Natural das Fragas do Eume, declarado Parque Natural en 1997 e que constitúe a mellor representación do bosque Atlántico Termófilo de toda a Europa Atlántica tanto […]

Monte Capeloso. Entre o Cebreiro e o Courel

Viaxamos ata o concello de Pedrafita do Cebreiro, municipio fortemente influenciado pola súa relevancia no Camiño de Santiago, e comezamos a nosa ruta en Zanfoga, para facer un percorrido circular entre a parte norte do Courel e a zona do Cebreiro, que inclúe a subida ao cumio do Capeloso (1598 m), dende onde se goza dunhas panorámicas espectaculares. O […]

De Niñóns ao Roncudo. Camiño dos Faros

Para facer este itinerario seguimos parte da segunda etapa do Camiño dos Faros, unha senda de 203,50 quilómetros que enlaza os faros da Costa da Morte, de Malpica a Fisterra. Saimos dende a  praia de Niñóns, indo practicamente todo o rato pegados á costa, por zonas de cantís e rematamos no Roncudo. Un percorrido que ten un […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 III

Hoxe é unha xornada moi especial para este grupo, pois o Suso celebra as 150 camiñadas coa USC! Resulta que o home andaba preocupado pois cría que non ía chegar a esta cifra xa que, entre os problemas das rodillas e os arrefriados invernais que impediron que se apuntase ás andainas, non lle chegaba o […]

Polos Montes de Becerreá. Aciñeiral de Cruzul

  Lonxitude: 17 km aprox. Dificultade: media-alta Desnivel: medio-alto A ruta comeza mesmo na vila de Becerreá (638 m de altitude), cun percorrido por zonas de media montaña do concello. Ao pouco de comezar, con 5 km de constante subida, acádase o alto da Serra da Pena do Pico, case a 1200 m na caseta […]

De Malpica a Niñóns. Camiño dos Faros

Para facer este itinerario seguimos a primeira etapa do Camiño dos Faros, unha senda de 203,50 quilómetros que enlaza os faros da Costa da Morte, de Malpica a Fisterra. A ruta parte de Malpica e vai ata a praia de Niñóns practicamente todo o rato pegada á costa, por zonas de cantís. O percorrido ten un altísimo […]

Courel. Ruta da Devesa da Rogueira

Xa vai alá un ano dende que estiven na Devesa da Rogueira, á que accedéramos daquela desde o Alto do Couto. Desta vez variamos e fixémolo desde Moreda.  Lonxitude da ruta: 10  km aprox. Desnivel: medio (tanto de subida coma de baixada) Dificultade: media-alta MIDE A Devesa da Rogueira Track GPS Devesa da Rogueira (Comprimido).zip Erguémonos cedo, pois […]

Ruta dos ríos de Vilacoba e San Xusto

O Sendeiro dos ríos Vilacoba e San Xusto, é unha ruta circular no concello de Lousame de 24 km de lonxitude, que fixemos nunhas seis horas. A ruta está ben sinalizada, anque tamén hei de dicir que en determinados puntos faltaba algunha que outra marca nalgún cruce, sobre todo cando pasamos por núcleos de poboación, pero nada que Xerardo non superase coa […]

Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense II

Estou abraiado por tanto interés que amosáchedes moitas e moitos de vós ao notardes a miña ausencia neste roteiro, e dicirvos que recibín moitas mensaxes, chamadas, correos… moi agarimosos. Mágoa de non poder percorrer con vós este último tramo do sendeiro entre Vilar de Mouros a Augas Mestas, pero a súa exixencia obrigoume a desbotar de facelo […]

Serra do Oribio

O monte Oribio é unha xoia case descoñecida, un dos nosos tesouros naturais e paisaxísticos. Está situado moi preto do Courel. A ruta levounos dende Triacastela ata o cumio, onde pudemos gozar dunhas panorámicas marabillosas. É un bo ascenso, pois compre ter en conta que o cumio está a 1.442 metros de altitude. Os camiños […]

Courel. Ruta do Val do río Pequeno

Esta fin de semana fun ao Courel! unha boa estadía outonal por esas terras que tan ben describiu e poetizou Uxío Novoneyra. Un grupo de amigos que frecuentan os roteiros da USC, ademáis de Ánxeles, Paché e Suso, fomos desfrutar dun par de días polo Courel; tendo como posto base Seoane do Courel, Savane para moitos, aloxámonos en […]