Arquivos da categoría: Medio-alto

Subida ao Capeloso

Outra xornada outonal para lembrar! Desta vez fomo de novo ata o Monte Capeloso no que xa estivemos anteriormente. No outono do 2015 acadamos o seu cumio dende Zanfoga (ver a entrada aquí), parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro. Nesta ocasión o ascenso fixémolo dende Las Herrerías, lugariño do concello de Vega de Valcarce, en pleno […]

Ruta de Vignemale

Última crónica da nosa estadía no “Pays Toy”, nos Hautes-Pyrénées (o nome en gascón, toï, designa aos habitantes dos vales altos dos Pirineos). Para facer este percorrido temos que desprazarnos en autobús dende Luz-St-Sauveur ata a localidade de Cauterets, e de aí continuar ata Pont d’Espagne, unha antiga ponte que permite pasar o gave na vía cara a España pola montaña. […]

Ruta na zona de Troumouse

Esta xornada plantexouse como de descanso nesta estadía pirenaica, polo que uns aproveitamos para coñecer a vila de Luz-Saint-Sauveur, outros achegáronse ata a cercana Lourdes, facer algunha compra… e outros, os que aínda teñen suficientes forzas animáronse a unha actividade circular nunha zona espectacular deste sector pirenaico, o Cirque de Troumouse. Eu optei pola primeira opción de descansar, […]

Ruta da Brañina

A ruta comeza en Rabanal de Abajo, a 3,5 km de Villablino, polo que se pode facer perfectamente dende esta vila. É unha ruta esixente, con forte desnivel, tanto de subida como de baixada. Transcorre entre unha das zonas boscosas máis interesantes da bisbarra debido á extensión da mesma e o seu estado de conservación. Ten […]

Monte das Lampas. Entre O Cebreiro e O Courel

Que gañas tiña de retomar as rutas da USC! Logo da pequena paréntese de inactividade apunteime a esta andaina un pouco temeroso, pois non tiña a certeza de se aguantaría o percorrido pola serra despois de tanto tempo inactivo, pero a experiencia foi amplamente superada. E nada mellor para facelo que ir ata o cconcello de Pedrafita […]

De Cabana de Bergantiños a Laxe. Camiño dos Faros

Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire no alto da costa de Uces de montesía canle; pasado Vilaseco, indo pola Gandra adiante, xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate. —Eduardo Pondal (1885) Pouco a pouco imos completando pola nosa conta etapas do Camiño dos Faros. En decembro pasado quedáramos en Cabana e tocaba agora írmonos […]

Camiño de San Salvador 2. La Robla – Poladura de la Tercia

As sete da mañá, dispostos a iniciar canto antes unha nova etapa. Os nosos compañeiros de cuarto xa nos levan vantaxe pois xa hai tempo que deixaron o albergue, pero non todos, pois aínda queda nel unha parella de húngaros mozos da que non falei onte, facendo as súas oracións matutinas despois do almorzo. Lonxitude: […]

Camiño de San Salvador 1. León – La Robla

Preparándonos para iniciar o Camiño de San Salvador diante do Hostal de San Marcos. Foto de Jaime Arcay Lonxitude: 28,5 km (4,7 km/h) Desnivel: Medio Dificultade: Media-alta Estes primeiros días de xullo fun facer o camiño de San Salvador, 123 Km de camiños e carreiros que separan as catedrais de León, a “Pulchra Leonina” e a Santa Igrexa […]

Pena Trevinca

Tiña unhas gañas terribles de ir ata Pena Trevinca (2127 m), o chamado teito de Galicia, e non desaproveitei a ocasión cando Manolo Bermúdez, do Servicio de Normalización Lingüística da USC, mo propuxo e fun, xunto con Xerardo (que tamén tiña gañas de facelo por quinta vez), e dous profesores de Xeografía, Juanca e Valerià; o […]

Ruta da Corga do Fecha, Cabaniña do Curro e a Vía Nova

Esta fin de semana fomos camiñar polo parque natural da Baixa Limia e Serra do Xurés. Estivemos aloxados en Lobios, no hotel Lusitano, en réxime de media pensión e moi ben atendidos, polo qque é un establecemento moi recomendable para achegarnos ata o parque natural. Creo que calquera vila da Galicia, sobre todo do interior, sentiríase […]

As Nogais

Imos ao concello de As Nogais a facer unha ruta por zona de montaña. Das que me gustan, vaia! Unha ruta moi recomendable, con bos camiños en xeral, cun alto interese natural e paisaxístico, na que a dificultade pode vir dada polo desnivel e a lonxitude. Lonxitude: 22 km Desnivel: medio-alto  (moi forte nalgúns puntos) Dificultade: media- alta Antes […]

Ruta do Val de Ponga

O segundo día achegámonos a San Xuan de Beleño (Beleñu), capital do concello de Ponga, para visitar o Centro de Interpretación do Parque Natural e, deste xeito, coñecer un pouco mellor os valores naturais, paisaxísticos e culturais destas terras… e non entendemos como hai partidos que se opoñen a que sexa declarado reserva da biosfera. […]