Arquivos da categoría: Grao de dificultade da ruta

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Montes de Corzón

Hoxe preséntasenos un día un pouco complicado para contar con detalle os acontecementos da xornada, por unha banda o breve da mesma e por outra polo apertado da axenda, pois a última ruta da tempada programada pola Fundación USC Deportiva é un día un tanto especial. Ademais de camiñar, facemos outras cousas interesantes, coroadas cun xantar de […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Brandomil a Berdoias

Hoxe fixemos a terceira etapa do camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, no concello de Zas. Con saída na ponte de Brandomil, pásase polo Pozo de Limideiro, Brandoñas, Baiñas para acabar en Berdoias, xa en Vimianzo. Lonxitude: 21,9 km Desnivel: baixo Dificultade: media A Asociación Grandimirum, de Brandomil, está a propor unha interesante ruta xalleira en […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Dumbría a Muxía. Camiño de Fisterra

Nova etapa do Camiño de Fisterra, na que imos ver o mar por primeira vez desde que comezáramos a camiñar dende Santiago. Así que hoxe nos agrupamos en Dumbría coa intención de chegar ata Muxía. O principal motivo polo que optamos en Hospital de vir cara a Muxía e non a Fisterra é precisamente pola etapa […]

Ribeira de Ladrões

Houbo tempo pola mañá para visitar Vinhais, pois o Suso e mais eu erguémonos cedo e fomos dar unha volta pola vila, aproveitando para facer unhas fotos tranquilamente antes do almorzo. Percorremos o seu castelo, un conxunto arquitectónico de planta irregular onde, no seu interior, a fisonomía urbana desenvóvese de forma desordenada, que se estructura ao […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Cádavos a Moimenta e o Trilho da Calçada

Visitamos o parque natural do Montesinho, situado no noreste de Portugal, preto do concello ourensan da Mezquita. O Parque Natural de Montesinho é un dos maiores parques naturais dos doce existentes no país veciño. Está situado na rexión de Trás-os-Montes, e cobre a parte norte dos municipios de Bragança e Vinhais, que forman parte da denominada Terra […]

Illa de Cortegada

Situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla, fronte ás costas de Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, é a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no Parque nacional das Illas Atlánticas, sendo o arquipélago máis resgardado dos catro que […]

A Cubela

Ruta da Cubela

Desta volta imos ata Ribas de Sil, concello situado no sur da provincia de Lugo, e pertencente á comarca de Quiroga, partido xudicial en Monforte de Lemos, para facer un dos sendeiros homologados da Ribeira Sacra: o PR-G 180, A Ruta da Cubela, unha fermosa ruta sinalizada que nos permite adentrarnos na Ribeira Sacra. Datos Técnicos O […]

Arredores do Pico Gilbo

Último día de estadía por estas terras. Madrugo e antes de almorzar dou un paseo pola vila e achégome ata a igrexa de Nosa Señora do Rosario, na zona máis occidental de Riaño. De factura románica (s. XIV), orixinariamente atopábase en La Puerta, pobo anegado pola construción do encoro, e trasladada a Riaño desde 1989 (seica a aparición imprevista dunha imaxe cuberta […]

De Santa Mariña a Dumbría. Camiño de Fisterra

Datos técnicos Unha nova etapa do Camiño de Fisterra, a terceira para nós. A semana pasada decidimos alongar un pouco o número de xornadas do camiño ata Fisterra, polo que unha vez chegados a Hospital imos continuar cara a Dumbría, quedándonos para despois da Pascua a etapa ata Muxía, que se vai consolidando aos poucos […]

Ruta polo Irixo

Datos técnicos da ruta Imos ata o concello do Irixo a facer un sendeiro homologado moi fermoso, o PR-G 189 Ruta dos castros do Irixo que vai por zonas rurais, entre carballeiras, corredoiras, regatos, castros, muíños… Este itinerario do PRG comeza no Irixo de Arriba e remata en Saavedra, pero nós imos completalo facéndoo circular comezando […]

De Negreira a Santa Mariña. Camiño de Fisterra

Datos técnicos O longo percorrido desta segunda etapa, dende a conca do río Tambre á do Xallas en Olveiroa decidimos facela só ata Santa Mariña, xa no concello de Mazaricos, e dedicar a tarde a coñecer a fermosa Fervenza de Chacín, polo que deixamos de camiñar a última parte do percorrido, de Santa Mariña a Olveiroa. […]

Camiño dos Arrieiros

Datos técnicos da ruta Track GPS do Camiño dos Arrieiros Track GPS do Camiño dos Arrieiros (Comprimido) Mapa da ruta do Camiño dos Arrieiros MIDE Track GPS do Camiño dos Arrieiros Lonxitude: 15 km Desnivel: medio Dificultade: media O cantar dos arrieiros éche un cantar moi baixiño, ai, la cántano en Ribadavia resoa no Carballiño, […]

Costa de Ferrol. De Covas a Valdoviño

Datos técnicos da ruta Lonxitude: 19 km Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño (Comprimido) Mapa da ruta de Prior a Valdoviño MIDE Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño. Santa Combiña Bendita ten un navío no mar; quen cho dou, […]