Arquivos da categoría: Asturias

Camiño de San Salvador 5. Mieres – Oviedo

Malia que para estes cinco días non levei a cámara fotográfica (saqueina a última hora da mochila) e, como mal menor, usei a do teléfono móbil para fotografar estas paraxes, ademais de aproveitarme das fotos que tira o Jaime, gardarei sempre un grato recordo deste Camiño, o meu primeiro Camiño. Lonxitude: 18 km (4,4 km/h) […]

Camiño de San Salvador 4. Bendueños – Mieres del Camín

Logo da fermosa e dura etapa do día de onte, hoxe tocounos unha máis cómoda e curta, picando sempre para abaixo, pero con algún pequeno repeito. Mágoa da gran cantidade de quilómetros por asfalto que hai que andar! Lonxitude: 24 km (4,6 km/h) Desnivel: Medio Dificultade: Media Ás 7:30 da mañá a hospitaleira Sandra presentouse […]

Camiño de San Salvador 3. Poladura de la Tercia – Bendueños

Non pintaba nada ben a tardiña de onte en Poladura, pois viamos como as nubes comezaban a superar o sistema montañoso que tiñamos que superar hoxe e non sería nada bo facer a etapa raiña con néboa, pero unhas mulleres do lugar tranquilizaron onte a Xerardo, asegurándolle que íamos ter un fermoso día. E acertaron de […]

Ruta do desfiladeiro de Bustelín

Despois da homenaxe que nos demos co copioso almorzo no Hotel Cecos dispoñémonos un día máis a realizar unha fermosa ruta, un impresionante percorrido por un interesantísimo e agreste val do norte do concello de Ibias. A ruta require un certo esforzo físico pero coa vantaxe de que vai ser recompensado pola satisfacción de ir por sendeiros […]

Ruta do val do río Aviouga

Imos desta vez ata o concello de Ibias, outro dos tesouros naturais de Asturias, onde fixemos un par de rutas verdadeiramente recomendables. Estivemos aloxados en réxime de media pensión no Hotel Cecos, moi preto de San Antolín, un hotel rural moi confortable e con boa oferta gastronómica. Moi recomendable. Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: Medio Dificultade: […]

Ruta do Val de Ponga

O segundo día achegámonos a San Xuan de Beleño (Beleñu), capital do concello de Ponga, para visitar o Centro de Interpretación do Parque Natural e, deste xeito, coñecer un pouco mellor os valores naturais, paisaxísticos e culturais destas terras… e non entendemos como hai partidos que se opoñen a que sexa declarado reserva da biosfera. […]

De Tapia de Casariego a Ribadeo

Continuamos este día percorrendo a rasa litoral bordeando o mar ata chegar á ría de Ribadeo. Comezamos no mesmo núcleo urbano de Tapia (que leva engadido o nome de Casariego dende 1916 na honra do primeiro Marqués de Casariego que, ademáis de benefactor, deulle entidade municipal), e o itinerario vai pola fermosa liña costeira en dirección Oeste, cara a Ribadeo, […]

De Viavélez a Tapia de Casariego

O ano pasado fixemos dúas rutas na zona de Navia e unha delas rematámola en Viavélez. Nesta ocasión voltamos para continuar percorrendo a costa asturiana cara o oeste, dende Viavélez ata Ribadeo, ocasión de volver e continuar a facer esta impresionante senda costeira. Haberá que seguir percorrendo esta costa cara o leste desde Navia! Lonxitude da ruta: […]

Ruta da Costa Naviega

Nesta última fin de semana de xuño fomos percorrer parte da fermosa costa occidental asturiana, e para iso desprazámonos ata Navia. Estivemos aloxados en réxime de media pensión no hotel Palacio Arias, en cuartos dobres. Lonxitude da ruta: 14 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: baixa-media Antes de instalarnos no hotel e de comezar a ruta […]