Arquivos da categoría: Santiago de Compostela

De Santiago a Negreira. Camiño de Fisterra

Quedamos ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, K0 do Camiño de frechas a Fisterra e Muxía (anque para min este camiño comeza na mesma praza do Obradoiro), pois a idea é facer a primeira etapa que remata en Negreira. A maioría xa fixo este percorrido en anteriores ocasións, polo que desta vez imos […]

Roteiro polo Sarela

Esta é unha das andainas que fago pola cidade con moita regularidade, e nunca me canso dela! E como había tempo que non publicaba nada de Santiago, decidín facelo co Roteiro por Compostela que fixemos este mércores: fomos camiñar polo río Sarela. Lonxitude: 8 km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: baixa Despois de xuntarnos na piscina universitaria, comezamos […]

De Santiago a Padrón

Este sábado tiñamos programado coa USC unha ruta pola Serra do Xistral, pero como o tempo non deu tregua ata o final, decidiuse aprazar para maís adiante… e como algúns xa tiñamos o sábado “pillado” pois decidimos improvisar unha ruta, e optamos por facer a última etapa do Camiño Portugués, pero ao revés, de Santiago […]

De Compostela ás Torres de Altamira

Quedamos o Antón, Jaime e mais eu ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, quilómetro 0 do camiño a Fisterra e Muxía, pois a nosa idea era pasar a mañá, a ser posible polo monte, cara ás Torres de Altamira e alí parada para o bocadillo e despois buscar unha baixada polo monte cara a Bertamiráns, onde Jaime deixara o coche o día anterior, e volta para casa […]

Na ponte de Portomouro

Roteiro polo Tambre. De San Xoán de Fecha á ponte de Portomouro

Non me canso de recomendar estes roteiros que comezamos este mes, organizados pola USC Deportiva. Noraboa Víctor! Esta tarde desprazámonos en bus ata a parroquia de San Xoán de Fecha para facer unha ruta ata a ponte de Portomouro, xa no concello de Val do Dubra, intentando seguir o curso do río Tambre, curso que comezamos […]

Roteiro por Compostela. Polos parques e xardíns de Compostela

Santiago conta con 2.200.000 metros cadrados de espazos verdes. As maiores superficies localízanse perto de lugares urbanizados como Fontiñas ou a Alameda, con 85000 m². A Almáciga, Bonaval e o Campus norte son outras das grandes superficies arboladas que invitan ao paseo. O martes 18, fixemos un interesante percorrido por parte dos parques e xardíns […]

Roteiro polo Tambre. De San Xoán de Fecha a Ponte Alvar

Neste roteiro aínda de verán (disque de San Miguel), fomos ata a aldea de San Xoán de Fecha. Unha vez que chegamos ao encoro de San Xoán de Fecha, percorremos o tramo do Tambre río arriba, ata chegar a Ponte Alvar. Neste percorrido o Tambre discorre máis encaixado, pero aínda son abondosas as zonas de bosque. Unha vez chegados a […]

Roteiro por Compostela. Monte Viso

Mes intenso este de setembro. A Universidade de Santiago retomou con forza o seu programa de rutas de sendeirismo en diversos lugares da xeografía galega e de Rutas por Compostela A primeira camiñada por Ponteceso. O seguinte sábado o percorrido será polos montes de Esteiro e a Pedra do Cadro. As Rutas por Compostela non ían ser menos! Como […]

Roteiro polo Tambre. De San Pedro de Busto a Ponte de Chaián

O mércores, 22/06/2011, continuamos o percorrido polo río Tambre, dentro do termo municipal de Santiago e antigo concello de Enfesta. Lonxitude: 10 km aprox. Dificultade: baixa Desnivel: baixo Comezamos o roteiro en San Pedro de Busto e dirixímonos cara o río Tambre pasando pola aldea de Vilariño. Unha vez chegados ao río rodeamos o Petón […]

Roteiro por Compostela. Monte do Gozo. Bando. Aríns

Xoves, 19/05/2011 Lonxitude: 10 km aprox. Dificultade: baixa Desnivel: baixo-medio Saíndo dende o Pazo de Congresos, dirixímonos cara o Monte do Gozo. Desde alí continuamos cara a parroquia de Santa Eulalia de Bando e, antes de regresar pasamos perto igrexa de San Martiño de Aríns. Durante o traxecto alternaron os tramos por pista asfaltada con […]

Roteiro polo Tambre. De Sigüeiro a San Pedro de Busto

Disfrutando do bo tempo que estamos a ter, onte comezamos un roteiro polo río Tambre, entre a zona de Sigüeiro (A Barciela) e San Pedro de Busto. A idea é percorrer nesta época o Tambre polo termo municipal de Santiago, dende Sigüeiro ata San Xoán de Fecha. 27/04/2011 Lonxitude da ruta: 10-12  km Desnivel: baixo Dificultade: baixa  

Roteiro por Compostela. Sarela de Abaixo O Pedroso

 Xoves, 14/04/2011 Lonxitude da ruta: 8  km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: media-baixa Comezamos no mes de abril a tempada de roteiros pola cidade de Santiago, coa intención de ir descubrindo rincóns do concello descoñedidos e pasar unha tarde agradable e en boa compaña. Pequeno roteiro por Compostela, duns oito quilómetros que, partindo dende a Carballeira de San Lourenzo, […]