Arquivos da categoría: A Coruña

Ruta a Estaca de Bares

A Estaca de Bares é un dos espazos xeográficos máis interesantes da costa galega. É o punto máis setentrional de toda a península Ibérica e tamén é un dos mellores lugares de observación de aves de toda Europa. Lonxitude da ruta: 11  km aprox. Desnivel: media-baixa Dificultade: medio-baixo A ruta comezámola na estrada que vai do […]

De Santiago a Padrón

Este sábado tiñamos programado coa USC unha ruta pola Serra do Xistral, pero como o tempo non deu tregua ata o final, decidiuse aprazar para maís adiante… e como algúns xa tiñamos o sábado “pillado” pois decidimos improvisar unha ruta, e optamos por facer a última etapa do Camiño Portugués, pero ao revés, de Santiago […]

Andaina de Lires a Fisterra

Este luns, aproveitando a celebración de San Tomé de Aquino na Universidade, fomos dar un paseo duns 18 km unha panda ben levada que comezamos en Lires, rematándoa cun xantar en Fisterra. Pola tarde, aínda lle metemos uns cinco km máis subindo ao Facho para visitar San Guillerme e ver novamente os restos da ermida e subir ata as Pedras […]

Ruta pola Serra do Barbanza

Comeza a ser tradicional que na primeira andaina do ano se sorteen uns agasallos de Nadal, e este ano eu volvín ser un dos agraciados (xa comentaron no bus que o sorteo estaba amañado! pois non hai dúas sen tres.. ); tocoume como premio unha braga para o pescozo, e mirade se non foi acaída que xa […]

Roteiro de fin de ano polos Montes de Oleirón

A derradeira ruta de 2014 fixémola moi pertiño da casa, entre os concellos de Brión e Rois, pois volvemos celebrar o fin de ano camiñando! Lonxitude da ruta: 7-8 km Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Nesta ocasión imos aos Montes de Oleirón, a uns quince quilómetros de Santiago, moi perto de Bertamiráns. Son unha serie de […]

Serra do Careón. Toques

Desta vez fomos á comarca de Terra de Melide, á Serra do Careón, que está situada entre os concellos de Toques, Palas de Rei e Friol. O Careón é unha serra de alturas moderadas e ten unhas características especiais que fan que sexa unha área de grande interese xeolóxico a nivel peninsular e dunha excepcional relevancia botánica. […]

De Malpica a Niñóns. Camiño dos Faros

Para facer este itinerario seguimos a primeira etapa do Camiño dos Faros, unha senda de 203,50 quilómetros que enlaza os faros da Costa da Morte, de Malpica a Fisterra. A ruta parte de Malpica e vai ata a praia de Niñóns practicamente todo o rato pegada á costa, por zonas de cantís. O percorrido ten un altísimo […]

Ruta do monte Muralla a Rianxo

O Monte Muralla está situado no interior concello de Rianxo, moi preto dos concellos de Lousame, Dodro e Rois. É un miradoiro espectacular sobre a ría de Arousa. Lonxitude da ruta: 16 km aprox. Desnivel: medio (case todo de baixada) Dificultade: media Antes de comezar a camiñar, coma sempre, paramos a tomar un café na vila […]

De Razo a Malpica

Despois de dous meses de inactividade, só no blog, pois durante o verán fixen algunha que outra andaina por Dumbría, Porto do Son, Santiago… con grandes amigos como Suso, Manuel Vilar, Antonio ou Jaime, retomo as crónicas das rutas deste curso 2014/2015. Xa realizamos este percorrido en novembro do 2007, e aínda me lembro ben porque […]

De Compostela ás Torres de Altamira

Quedamos o Antón, Jaime e mais eu ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, quilómetro 0 do camiño a Fisterra e Muxía, pois a nosa idea era pasar a mañá, a ser posible polo monte, cara ás Torres de Altamira e alí parada para o bocadillo e despois buscar unha baixada polo monte cara a Bertamiráns, onde Jaime deixara o coche o día anterior, e volta para casa […]

Ruta por Ortegal

A ruta, que é circular, comeza e remata na vila de Cariño. Lévanos por unha senda litoral ata o impresionante cabo Ortegal, pasando por San Xiao do Trebo, ermida asentada sobre unha antiga vila romana e que goza dunhas panorámicas estupendas. Lonxitude da ruta: 13 km Desnivel: medio (de baixada e de subida) Dificultade: media MIDE da […]

Ruta de Espasante a O Barqueiro

Fin de semana en Ortegal! Desprazámonos a unha das xoias do noso patrimonio natural, a comarca de Ortegal. Aloxámonos no Hostal Casa Giz, a cinco minutos da vila de Ortigueira. A cea e o almorzo déronolo no restaurante Giz, e ademais hai tenda e panadería Giz (non sei que parentesco hai entre eles, pois todo chámase Giz!). As dúas […]

Ruta dos tres pazos

Organizou Manolo tan ben o roteiro por Brión en novembro pasado, que o comprometimos para que nos fixera outra andaina polas terras barcalesas e cumpriu, vaia se cumpriu! Hoxe fomos camiñar ben perto de Santiago, xa que nos desprazamos ata o concello de Negreira para percorrer a denominada por Manolo Ruta dos Tres Pazos, pois visitamos […]

Ruta polos Montes da Ruña. Devesa de Anllares

Os montes da Ruña érguense por riba dos 600 m, e son un miradoiro fantástico sobre a comarca do Xallas. Pasamos tamén pola fermosa devesa de Anllares, que é o bosque atlántico máis occidental de Europa. Lonxitude da ruta: 15 km Desnivel: medio (principalmente de subida) Dificultade: media MIDE da ruta dos montes da Ruña A ruta comeza en Olveiroa, no concello […]

Roteiro Fin de Ano. A Pedra Serpal

A derradeira ruta de 2013! A pesares de non termos unhas previsións meteorolóxicas que invitasen ir camiñar, coma sempre, saímos de Santiago ás nove da mañá dende a piscina universitaria, e chegamos ao mesmo lugar un pouco antes das duas da tarde, pois hai que cumprir coa familia nun día tan sinalado! Lonxitude da ruta: 7 […]

Ruta por Mesía

Lonxitude da ruta: 14 km Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Mide da ruta de Mesía Track GPS Ruta Mesia PR-G117 (Comprimido)..zip Desta vez fomos ata o cercano concello de Mesía. Comezamos a xornada desprazándonos ata Xanceda, onde facemos unha visita á Casa Grande de Xanceda, interesante granxa de elaboración de produtos lácteos ecolóxicos. A visita prolongouse […]