Arquivos da categoría: Mazaricos

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Montes de Corzón

Hoxe preséntasenos un día un pouco complicado para contar con detalle os acontecementos da xornada, por unha banda o breve da mesma e por outra polo apertado da axenda, pois a última ruta da tempada programada pola Fundación USC Deportiva é un día un tanto especial. Ademais de camiñar, facemos outras cousas interesantes, coroadas cun xantar de […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Brandomil a Berdoias

Hoxe fixemos a terceira etapa do camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, no concello de Zas. Con saída na ponte de Brandomil, pásase polo Pozo de Limideiro, Brandoñas, Baiñas para acabar en Berdoias, xa en Vimianzo. Lonxitude: 21,9 km Desnivel: baixo Dificultade: media A Asociación Grandimirum, de Brandomil, está a propor unha interesante ruta xalleira en […]

De Santa Mariña a Dumbría. Camiño de Fisterra

Datos técnicos Unha nova etapa do Camiño de Fisterra, a terceira para nós. A semana pasada decidimos alongar un pouco o número de xornadas do camiño ata Fisterra, polo que unha vez chegados a Hospital imos continuar cara a Dumbría, quedándonos para despois da Pascua a etapa ata Muxía, que se vai consolidando aos poucos […]

De Negreira a Santa Mariña. Camiño de Fisterra

Datos técnicos O longo percorrido desta segunda etapa, dende a conca do río Tambre á do Xallas en Olveiroa decidimos facela só ata Santa Mariña, xa no concello de Mazaricos, e dedicar a tarde a coñecer a fermosa Fervenza de Chacín, polo que deixamos de camiñar a última parte do percorrido, de Santa Mariña a Olveiroa. […]

Ruta polos Montes da Ruña. Devesa de Anllares

Os montes da Ruña érguense por riba dos 600 m, e son un miradoiro fantástico sobre a comarca do Xallas. Pasamos tamén pola fermosa devesa de Anllares, que é o bosque atlántico máis occidental de Europa. Lonxitude da ruta: 15 km Desnivel: medio (principalmente de subida) Dificultade: media MIDE da ruta dos montes da Ruña A ruta comeza en Olveiroa, no concello […]