Arquivos da categoría: Laxe

De Laxe a Camelle. Camiño dos Faros

Continuamos a nosa particular andaina polo Camiño dos Faros. Pode que esta etapa sexa unha das de maior beleza de todo o itinerario, pois ten un alto interese natural e, aínda que vai todo o tempo pola costa, ten unha enorme variedade de paisaxes, o que incrementa o seu interese. Comeza o percorrido en Laxe, […]

De Cabana de Bergantiños a Laxe. Camiño dos Faros

Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire no alto da costa de Uces de montesía canle; pasado Vilaseco, indo pola Gandra adiante, xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate. —Eduardo Pondal (1885) Pouco a pouco imos completando pola nosa conta etapas do Camiño dos Faros. En decembro pasado quedáramos en Cabana e tocaba agora írmonos […]

Penedos de Pasarela e Traba

Este sábado gozamos dun lugar insólito. Aínda que pareza incrible, en toda a Costa da Morte tan só os Penedos de Traba e Pasarela están acubillados baixo a figura de “Paisaxe Protexida” dende 2009; unha cualificación que permite o coidado e rexeneración do espazo, e todo grazas á forza popular que conqueriu que unha empresa de extracción […]

De Dombate a Laxe

Iniciamos xa as saídas de sendeirismo neste setembro e que millor que facelo onde rematei en xullo, pola Costa da Morte, por Laxe, concello adscrito na actualidade ás pondalianas terras de Bergantiños. ¡Ouh, terra da Bergantiños, roxo ó arar, nobre e testa, doce á vista desde lonxe, donde vin a lus primeira! (QP‡ 12.1-4) Que gañas […]

De Ponteceso ao Castro de Borneiro

… Polo chan de Borneiro, de cativos pinales, cuase pasaba arrentes, do dolmen de Dombate … Eduardo Pondal Sábado, 9 de xullo de 2011 Lonxitude da ruta: 12 km aprox. Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Track GPS Ponteceso-Borneiro (Comprimido).zip A maior parte da ruta discorreu polo concello de Cabana, pois en Ponteceso demos un pequeno paseo pola vila […]

Excursión MPG: Traba, Camelle, Batáns do Mosquetín, Torres de Allo

Xeira de socias e socios do Museo do Pobo Galego á Costa da Morte o sábado 12/03/2011.   Camelle non é Camelle que é un porto de mar: onde navega o meu amante, onde o vin navegar Primeiramente, visitamos a igrexa parroquial de Santiago de Traba, no corazón do val de Traba e onde se celebra unha […]