Arquivos da categoría: Cabana de Bergantiños

De Cabana de Bergantiños a Laxe. Camiño dos Faros

Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire no alto da costa de Uces de montesía canle; pasado Vilaseco, indo pola Gandra adiante, xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate. —Eduardo Pondal (1885) Pouco a pouco imos completando pola nosa conta etapas do Camiño dos Faros. En decembro pasado quedáramos en Cabana e tocaba agora írmonos […]

De Corme a Cabana de Bergantiños. Camiño dos Faros

Seguimos coñecendo a nosa costa percorrendo o Camiño dos Faros. Nesta ocasión comezamos no porto de Corme e imos ata Cabana. O percorrido vai por zonas de alto interese paisaxístico como por exemplo o estuario do Anllóns, e pasa pola vila de Ponteceso. O día foi perfecto para facer este tramo, pois regalounos unha espléndida temperatura, sen vento e […]

De Dombate a Laxe

Iniciamos xa as saídas de sendeirismo neste setembro e que millor que facelo onde rematei en xullo, pola Costa da Morte, por Laxe, concello adscrito na actualidade ás pondalianas terras de Bergantiños. ¡Ouh, terra da Bergantiños, roxo ó arar, nobre e testa, doce á vista desde lonxe, donde vin a lus primeira! (QP‡ 12.1-4) Que gañas […]

Refuxio de Verdes a Anllóns (Ponteceso)

O Sábado, 17 de setembro de 2011, fomos percorrer parte do río Anllóns case no seu tramo final. O río Anllóns nace nos montes de Xalo, e desemboca na ría de Corme e Laxe. Percorre 54,4 km dos concellos de Cerceda, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños. Foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria no 2001. […]

De Ponteceso ao Castro de Borneiro

… Polo chan de Borneiro, de cativos pinales, cuase pasaba arrentes, do dolmen de Dombate … Eduardo Pondal Sábado, 9 de xullo de 2011 Lonxitude da ruta: 12 km aprox. Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media A maior parte da ruta discorreu polo concello de Cabana, pois en Ponteceso demos un pequeno paseo pola vila e admirar, por exemplo, […]