Arquivos da categoría: Brión

Roteiro de fin de ano polos Montes de Oleirón

A derradeira ruta de 2014 fixémola moi pertiño da casa, entre os concellos de Brión e Rois, pois volvemos celebrar o fin de ano camiñando! Lonxitude da ruta: 7-8 km Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Nesta ocasión imos aos Montes de Oleirón, a uns quince quilómetros de Santiago, moi perto de Bertamiráns. Son unha serie de […]

De Compostela ás Torres de Altamira

Quedamos o Antón, Jaime e mais eu ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, quilómetro 0 do camiño a Fisterra e Muxía, pois a nosa idea era pasar a mañá, a ser posible polo monte, cara ás Torres de Altamira e alí parada para o bocadillo e despois buscar unha baixada polo monte cara a Bertamiráns, onde Jaime deixara o coche o día anterior, e volta para casa […]

Ruta dos tres pazos

Organizou Manolo tan ben o roteiro por Brión en novembro pasado, que o comprometimos para que nos fixera outra andaina polas terras barcalesas e cumpriu, vaia se cumpriu! Hoxe fomos camiñar ben perto de Santiago, xa que nos desprazamos ata o concello de Negreira para percorrer a denominada por Manolo Ruta dos Tres Pazos, pois visitamos […]

Roteiro por Brión

Este día de Santos fomos facer un roteiro polo concello de Brión, máis concretamente polas parroquias de Óns e Viceso, cuns camiños, á beira do Tambre, doados de andar e que permiten tomar distintas opcións por se optamos por un percorrido máis ou menos longo, podéndote mover ao chou, sen medo a perderse. Nós fixemos en total […]

Roteiro polo Tambre. De Lens a Negreira

Finalizamos os nosos roteiros polo Tambre desta tempada con esta excursión que nos levou dende a parroquia de Lens, no concello de Ames, ata a ponte de Ons na entrada a Negreira. Como as anteriores, a ruta ten un alto valor ambiental. Lonxitude: 11 km aprox. Dificultade: baixa. Desnivel: baixo. Volvemos visitar Lens, cos seus lavadeiros, fontes, hórreos, casas restauradas, […]