Arquivos de autor: Fran

Roteiro por Compostela. Monte do Gozo. Bando. Aríns

Xoves, 19/05/2011 Lonxitude: 10 km aprox. Dificultade: baixa Desnivel: baixo-medio Saíndo dende o Pazo de Congresos, dirixímonos cara o Monte do Gozo. Desde alí continuamos cara a parroquia de Santa Eulalia de Bando e, antes de regresar pasamos perto igrexa de San Martiño de Aríns. Durante o traxecto alternaron os tramos por pista asfaltada con […]

Carnota a O Pindo

Carnotiña, Carnotiña Carnotiña e Miravela: si o aire do mar non fora Carnota que era dela! (Popular) O sábado, 7 de maio, fixemos a continuación da ruta que andivemos en xaneiro de Louro a Carnota, e comezámola xusto no centro da vila, onde tivemos tempo de tomarnos o café antes de encetar a camiñata, pois […]

Roteiro polo Tambre. De Sigüeiro a San Pedro de Busto

Disfrutando do bo tempo que estamos a ter, onte comezamos un roteiro polo río Tambre, entre a zona de Sigüeiro (A Barciela) e San Pedro de Busto. A idea é percorrer nesta época o Tambre polo termo municipal de Santiago, dende Sigüeiro ata San Xoán de Fecha. 27/04/2011 Lonxitude da ruta: 10-12  km Desnivel: baixo Dificultade: baixa  

Roteiro por Compostela. Sarela de Abaixo O Pedroso

 Xoves, 14/04/2011 Lonxitude da ruta: 8  km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: media-baixa Comezamos no mes de abril a tempada de roteiros pola cidade de Santiago, coa intención de ir descubrindo rincóns do concello descoñedidos e pasar unha tarde agradable e en boa compaña. Pequeno roteiro por Compostela, duns oito quilómetros que, partindo dende a Carballeira de San Lourenzo, […]

Montederramo. Ruta do Santo

Sábado, 9 de abril de 2011 Lonxitude da ruta: 28,7 km aprox. Desnivel: alto Dificultade: alta Track Montederramo (comprimido).zip Realizamos a ruta coñecida como Ruta do Santo que comeza mesmo en Montederramo, xunto o seu coñecido mosteiro. O itinerario segue o camiño que o eremita San Mamede percorría para achegarse dende e súa ermida, no […]

Vilela. Serra do Farelo

Lonxitude da ruta: 16 km aprox. Desnivel: baixo-medio Dificultade: media (é frecuente que a lama sexa abondosa nesta ruta) Track Vilela_Farelo_comprimido.gpx.zip O itinerario que fixemos hoxe está inspirado nunha ruta que aparece no libro Senderos y caminos. 35 rutas inéditas por Galicia, de Miguel Alvarez Soaje. Así que vaia por diante o noso agradecemento ao […]

Excursión MPG: Traba, Camelle, Batáns do Mosquetín, Torres de Allo

Xeira de socias e socios do Museo do Pobo Galego á Costa da Morte o sábado 12/03/2011.   Camelle non é Camelle que é un porto de mar: onde navega o meu amante, onde o vin navegar Primeiramente, visitamos a igrexa parroquial de Santiago de Traba, no corazón do val de Traba e onde se celebra unha […]

Muíños do Folón e do Picón

Ruta polos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal) Sábado, 26/02/2011 Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track Folón Comprimido.zip Comezamos a camiñar na Ponte das Penas aproveitando o sendeiro sinalizado dos Muíños do Folón, durante un bo treito fomos vendo unha enorme cantidade de muíños restaurados, practicamente ata chegar […]

Toques

Ruta de tipo circular polo Concello de Toques. 15/01/11 Lonxitude: 21 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media-alta (ven dada polo desnivel, a lonxitude da ruta e a lama que se pode atopar no percorrido invernal) A primeira ruta do ano 2011 fixémola polo concello de Toques, onde pasamos por numerosos puntos de interese, ademais de disfrutar […]