Arquivos de autor: Fran

Ruta por Serra Longa

Regresamos ao concello de As Nogais para facer unha ruta por zona de montaña. Das que me gustan, vaia! Unha ruta moi recomendable, con bos camiños en xeral, cun alto interese natural e paisaxístico, na que a dificultade pode vir dada polo desnivel e a lonxitude. A ruta comeza no centro das Nogais e vai por unha pista que pouco a pouco chega ata a parroquia de Doncos e segue […]

Ruta de Bárcena Mayor a Ozcaba

  Lonxitude: 21 km Dificultade: media Desnivel: medio Este día desprazámonos dende Cabezón de la Sal, onde estamos aloxados, ata Bárcena Mayor, o único núcleo de poboación incluido no Parque Natural Saja Besaya, situado no corazón do parque e considerado un dos pobos máis fermosos de Cantabria. Aínda que é longa a ruta faise moi […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Cortegada a Beade

Había tempo que tiñamos aparcada a continuación desta ruta que iniciamos no outono pasado saindo de Braga pola geira romana enlazando co camiño miñoto e o camiño dos arrieiros, e que nos está a deparar grandes momentos. O motivo fundamental é o tempo que estamos a ter, e hoxe parece que fomos un pouco arriscados […]

Ruta do río Seixo

Hoxe desprazámonos ata o concello de Cerdedo-Cotobade, no interior da provincia de Pontevedra, para percorrer a ruta do río Seixo. Sen dúbida, un itinerario fermosísimo deseñado por todo o val do río Seixo. Lonxitude: 14 km aproximadamente Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta do río Seixo (Cerdedo) Track GPS da ruta do río […]

Alto da Farria. Xunqueira de Ambía

Lonxitude: 12 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta do alto da Farria (Xunqueira de Ambia) Track GPS da ruta do alto da Farria (Xunqueira de Ambia) (Comprimido) Mapa da ruta do alto da Farria (Xunqueira de Ambia). MIDE da ruta do alto da Farria (Xunqueira de Ambia). O ano pasado por […]

Camiño da Amargura

Unha vez máis, volvemos á Ribeira Sacra, e de novo ao concello de Nogueira de Ramuín, onde a asociación Móvete por Nogueira nos convocou á inauguración dunha nova ruta de sendeirismo, o Camiño de Amargura. O nome non parece moi acaído para unha ruta de sendeirismo, pero ten a súa explicación. Fai alusión aos penados da Inquisición […]

Ruta do Castro de Doade

Como en anos anteriores, e xa se vai convertindo nunha tradición, aproveitando a celebración de San Tomé de Aquino na Universidade, algún incondicional do sendeirismo desprazámonos ata Codesedo, no concello de Lalín, para percorrer a ruta do Castro de Doade ou da Casa do Patrón, PRG-210, unha fermosa ruta circular de algo menos de dezaseis quilómetros. […]

De Muxía a Cabo Touriñán. Camiño dos Faros

Pouco a pouco seguimos facendo etapas do Camiño dos Faros. Hoxe toca o treito dende Muxía a cabo Touriñán, un dos puntos máis importantes do noso país dende o punto de vista xeográfico, xa que é o máis occidental da España peninsular. Este tramo é un percorrido esixente, pode que sexa o máis duro deste […]

Ruta por Belesar. Ribeira Sacra

Temos visitado a Ribeira Sacra en numerosas ocasións, tanto na zona do Miño como na do Sil, pero case sempre en outono para gozar da variedade cromática dos seus bosques e viñedos ou na primavera para ver a explosión de vida que se produce nos seus hábitats. Desta volta imos en pleno inverno e seguro […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Monterredondo a Cortegada

Deixamos de camiñar por terras de Portugal, que nos agasallou con xornadas de moi bos momentos, e continuamos por terras galegas este Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro, un dos camiños máis antigos que ían cara a Santiago de Compostela. Peregrinos e comerciantes servíanse del, tal e como se resalta en abundantes documentos históricos. A ruta aglutina […]

Serra do Candán. Zobra

Esta é a terceira vez que visitamos a parroquia de Zobra, entre o Candán e os montes do Testeiro. Anteriormente estivemos na aldea de Grobas e na primeira fixemos o ascenso ao monte Coco (969 m). Desta volta imos percorrer parte do sendeiro homologado PR-G 188, chamado Sendeiro de Zobra. Non o realizaremos na súa totalidade […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Ameijoeira a Monterredondo

Seguimos facendo etapas deste camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro-Breeiro, que deixáramos na ponte do Pilar do mes de outubro cun tempo espléndido por estas paraxes do Parque Natural Peneda Gerês, e que retomamos nesta quinta etapa do camiño de Braga a Compostela cun día non tan espléndido por mor da chuvia e da néboa, pero que están […]

Subida ao Capeloso

Outra xornada outonal para lembrar! Desta vez fomo de novo ata o Monte Capeloso no que xa estivemos anteriormente. No outono do 2015 acadamos o seu cumio dende Zanfoga (ver a entrada aquí), parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro. Nesta ocasión o ascenso fixémolo dende Las Herrerías, lugariño do concello de Vega de Valcarce, en pleno […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Ruta do Farricoque

Regresamos ao concello de Nogueira de Ramuín, enclavado en plena Ribeira Sacra, para facer un percorrido coñecido como a ruta do Farricoque. En realidade non imos facer o percorrido completo e ímolo adaptar un pouco ás nosas necesidades. Lonxitude: 17 km Desnivel: medio (forte en puntos concretos) Dificultade: media Track GPS da ruta do Farricoque […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Las Puentes de Malpaso

A ruta de «Las Puentes de Malpaso», como lle chaman nesta zona (supoño que terá algo que ver coa forma galega, tamén en feminino), comeza mesmo na localidade berciana de Molinaseca. Preparamos unha variante circular que permite gozar de variadas paisaxes: zonas altas con boas panorámicas e vales encaixados con bosques de aciñeiras. Ten a ruta […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Ruta pola serra do Suído

Visitamos novamente a Serra do Suído, pero desta volta por outra zona ben diferente, pois desprazámonos ata a fermosa parroquia de A Laxe, no concello de Fornelos de Montes, onde comenzamos a nosa andaina circular por esta zona da serra. O percorrido é variado, ten zonas boscosas á beira do río, zonas altas que nos permiten […]