Arquivos mensuais: Outubro 2017

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Las Puentes de Malpaso

A ruta de «Las Puentes de Malpaso», como lle chaman nesta zona (supoño que terá algo que ver coa forma galega, tamén en feminino), comeza mesmo na localidade berciana de Molinaseca. Preparamos unha variante circular que permite gozar de variadas paisaxes: zonas altas con boas panorámicas e vales encaixados con bosques de aciñeiras. Ten a ruta […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Ruta pola serra do Suído

Visitamos novamente a Serra do Suído, pero desta volta por outra zona ben diferente, pois desprazámonos ata a fermosa parroquia de A Laxe, no concello de Fornelos de Montes, onde comenzamos a nosa andaina circular por esta zona da serra. O percorrido é variado, ten zonas boscosas á beira do río, zonas altas que nos permiten […]

De Lobios a Ameijoeira

A última xornada destes catro días por este camiño a Santiago non vai desmerecer das anteriores. Estamos camiñando polo Parque Natural Baixa Limia-Xurés, o de maior extensión dos seis parques naturais galegos que, xunto co veciño Parque Nacional Peneda-Gerês conforma o núcleo da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Un dos seus principais atractivos é a súa gran variedade de […]

Geira Romana. De Campo de Gerês a Lobios

A terceira etapa percorrendo o camiño xacobeo (que non está recoñecido como oficial), é a última que discorre por esta Geira, a antiga calzada romana Vía Nova, ou Vía XVIII, que aínda mantén por estas paraxes un dos seus treitos máis ben preservados. Pasa por un dos entornos máis fermosos do Parque Nacional Peneda-Gerês, pois a primeira […]

Geira Romana. De Caldelas a Campo de Gerês

Logo da etapa inicial, case urbana, deste camiño a Santiago, hoxe acometemos unha máis longa e dura, que percorremos fundamentalmente pola Geira ou Vía Nova, a vía romana mellor preservada en Portugal, que conta con máis de 230 miliarios ao longo do seu percorrido ata Astorga. Se onte a vía ascendía por relanzos suaves ata Caldelas, […]

Geira Romana. De Braga a Caldelas

Coincidindo coa ponte do Pilar, un grupo de amigos desprazámonos ata Braga para comezar a percorrer, durante catro días, un camiño xacobeo que non está recoñecido como oficial, o camiño Jacobeu Minhoto Ribeiro Breeiro, e que durante o periplo portugués vai pola antiga calzada romana Vía Nova, mencionada no itinerario de Antonino como Vía XVIII, que […]