Arquivos mensuais: Xullo 2017

Ruta na zona de Troumouse

Esta xornada plantexouse como de descanso nesta estadía pirenaica, polo que uns aproveitamos para coñecer a vila de Luz-Saint-Sauveur, outros achegáronse ata a cercana Lourdes, facer algunha compra… e outros, os que aínda teñen suficientes forzas animáronse a unha actividade circular nunha zona espectacular deste sector pirenaico, o Cirque de Troumouse. Eu optei pola primeira opción de descansar, […]

Arredores de Luz-Saint-Sauveur

A actividade especial de verán que prepararon a FUSC Deportiva e o Servizo de Deportes da USC para este ano ten carácter internacional. Viaxamos ao Pirineo francés, máis concretamente a Luz-Saint-Sauveur, no corazón do Parque National des Pyrénées, dende o 22 ata o 28 de xullo, para practicar sendeirismo durante cinco intensos días por un entorno espectacular. […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Montes de Corzón

Hoxe preséntasenos un día un pouco complicado para contar con detalle os acontecementos da xornada, por unha banda o breve da mesma e por outra polo apertado da axenda, pois a última ruta da tempada programada pola Fundación USC Deportiva é un día un tanto especial. Ademais de camiñar, facemos outras cousas interesantes, coroadas cun xantar de […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Brandomil a Berdoias

Hoxe fixemos a terceira etapa do camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, no concello de Zas. Con saída na ponte de Brandomil, pásase polo Pozo de Limideiro, Brandoñas, Baiñas para acabar en Berdoias, xa en Vimianzo. Lonxitude: 21,9 km Desnivel: baixo Dificultade: media A Asociación Grandimirum, de Brandomil, está a propor unha interesante ruta xalleira en […]